- Así o conclúe unha enquisa realizada por Too Good To Go, app que lidera a loita contra o desperdicio de alimentos no mundo
- Os doces do Nadal ocupan o primeiro posto no ranking de comida desperdiciada, cun 40%, seguidos polas galletas ou chocolates, cun 39%, e a carne, cun 32%
- Entre as razóns polas que tiramos comida, destaca a compra e/ou cociñado excesivos
Cerceda, a 16 de decembro de 2024.- De acordo cun estudo da Asociación Española de Consumidores, o gasto previsto por consumidor en alimentación este Nadal será de 286,98 €. Desta forma, e se se ten en conta que 3 de cada 10 españois desperdician alomenos un 10% dos alimentos que adquiren, segundo unha enquisa levada a cabo por Too Good To Go (https://www.toogoodtogo.com/es; app que lidera a loita contra o desperdicio de alimentos no mundo), durante o mes de decembro moitos “tiran ao lixo” máis de 28 € da cesta da compra.
Respecto do tipo de comida que máis desperdiciamos, os doces do Nadal ocupan o primeiro posto no ranking, cun 40%, seguidos polas galletas ou chocolates, cun 39%, e a carne, cun 32%. Só un 18% identifica o peixe e as salsas como excedente, e un 23% di que o pan é un dos alimentos que máis tira nesta época.
Entre as razóns polas que tiramos comida (e diñeiro), destaca a compra e/ou cociñado excesivos.
Tips para non desperdiciar
Se ben o 46% dos consumidores cre que a sociedade está cada vez máis concienciada e conta con máis ferramentas para dar unha segunda vida aos alimentos, Too Good To Go proporciona algunhas claves para evitar o desperdicio nestas datas:
- Deseña o menú tendo en conta o número de comensais, calculando así os ingredientes e as cantidades necesarias.
- Planifica. Revisa o que tes ou non na casa e fai unha lista de do que necesitas. Así evitarás comprar por comprar.
- Proba o "Batch Cooking de Nadal", que consiste en cociñar certos elementos do Nadal con anticipación e en lotes para evitar as présas de último minuto que poidan levar a erros e desperdicio.
- Intercambia sobras do Nadal: se che sobrou comida nalgún día crave, intercambia excedentes de alimentos preparados con familiares ou amigos.
- Bótalle creatividade aos doces do Nadal sobrantes: elabora novas receitas tales como turróns ou panettone triturados para usar como base de sobremesas (por exemplo, cheesecake ou xeados), ou mesturados con iogur e froita para almorzos.
- Organiza un "día de receitas de sobras" en familia no que se dedique tempo a transformar as sobras en novas receitas para utilizar noutro momento clave da época festiva.
Fonte: Too Good To Go
Imaxe: Pexels