- Esta cifra supón un incremento do 8% respecto do exercicio anterior, recuperándose así a taxa de recollida previa á pandemia
- O 91% dos cidadáns considera prexudicial para o medio ambiente tirar os medicamentos ao lixo ou polo desaugadoiro
- Os laboratorios farmacéuticos aplicaron 421 medidas de ecodeseño a máis de 117 millóns de envases
Cerceda, a 23 de maio de 2022.- O pasado ano, os españois depositaron no Punto SIGRE da farmacia 100 gramos de envases baleiros ou con restos de medicamentos, unha cifra que supón un incremento do 8% respecto do exercicio anterior.
Desta forma, a taxa de recollida de residuos de medicamentos recupera os niveis previos á pandemia, alcanzándose, ademais, unha taxa de reciclaxe do 67,97% dos materiais de envasado de medicamentos recollidos grazas á crecente automatización da Planta de Clasificación de Envases e Residuos de Medicamentos de SIGRE.
CONCIENCIACIÓN
Conforme ao último estudo de opinión, o 91% dos cidadáns considera prexudicial para o medio ambiente tirar os medicamentos ao lixo ou polo desaugadoiro. Ademais, un 97% asegura ser consciente de que o coidado do medio ambiente tamén é importante para coidar da nosa saúde.
A sondaxe poboacional realizada por SIGRE mostra que o 86% dos fogares recicla medicamentos a través do Punto SIGRE da farmacia, unha práctica na que destaca o colectivo de persoas maiores de 55 anos (87%) e o de enfermos crónicos (80%).
Máis do 90% dos cidadáns considera que a localización do Punto SIGRE na farmacia é a idónea para a reciclaxe dos medicamentos e os seus envases debido á súa proximidade, á facilidade de acceso e á confianza que achega o farmacéutico.
En canto ao seu uso, o 82% dos enquisados afirma que adoita levar os medicamentos caducados, ou que xa non necesita, cando revisa a caixa de primeiros auxilios doméstica, mentres que o 64% faino sempre que finaliza un tratamento médico.
O estudo recolle tamén a opinión dos farmacéuticos, constatando que 9 de cada 10 considera que a súa colaboración con SIGRE é unha forma de mostrar á sociedade o seu compromiso co medio ambiente.
Así mesmo, o 90% dos farmacéuticos mostra unha implicación activa no funcionamento do sistema, animando aos seus clientes a cooperar co mesmo.
ECODESEÑO
Máis aló da colaboración cidadá, tamén contribúe á reciclaxe o esforzo realizado polo sector farmacéutico para minimizar o impacto ambiental dos envases de medicamentos, logrando que sexan cada vez máis ecolóxicos e sostibles.
Co novo Plan Empresarial de Prevención de envases do sector farmacéutico aplicáronse un total de 421 iniciativas de ecodeseño, que permitiron facer máis sostible 117 millóns dos envases postos no mercado.
Fonte e imaxe: SIGRE