- Coa mensaxe “Que o camiño deixe pegada en ti, non ti en el” búscase concienciar aos camiñantes da importancia de evitar o abandono de residuos no Camiño de Santiago.
- Na iniciativa participan 359 albergues que foron especialmente equipados para potenciar a reciclaxe.
- Galicia, Asturias, A Rioxa, Navarra e Castela e León forman parte deste proxecto.
Cerceda, a 13 de xullo de 2021.- Unha nova edición da campaña “Camiño da Reciclaxe” entra en escena da man de Ecoembes co fin de lograr o maior compromiso posible dos peregrinos coa xestión sostible dos residuos urbanos e, máis concretamente, coa reciclaxe.
A iniciativa busca que os milleiro de persoas que anualmente percorren o Camiño de Santiago poidan separar e reciclar os distintos residuos de envases que van xerando durante cada etapa, evitando así que queden abandonados na contorna natural.
Para logralo, únense a esta iniciativa pioneira ambiental comunidades como Galicia, Castela León, Asturias, A Rioxa e Navarra.
Ademais, este 2021 a campaña estendeuse tamén ás hospedaxes do Camiño Primitivo en Galicia e Asturias, sumando así un total de 359 ecoalbergues en cinco Camiños (francés, inglés, portugués, norte e primitivo).
“QUE O CAMIÑO DEIXE PEGADA EN TI. NON TI EN EL”
Coa mensaxe “Que o camiño deixe pegada en ti. Non ti en el” quérese convidar a todos os EcoPeregrinos a tomar conciencia de que o único que debe quedar na súa memoria sexa os recordos vividos e, no Camiño, só a pegada das súas pisadas e non a pegada do lixo abandonado.
Así mesmo, o proxecto pretende axudar aos hospitaleiros a que convertan as súas hospedaxes en albergues sostibles. E é que, desde o comezo desta iniciativa en 2015, os ecoalbergues consolidáronse como un elemento fundamental para axudar a concienciar aos peregrinos e un punto de reciclaxe de referencia.
Concretamente, logrouse xa a implicación de 359 ecoalbergues, (174 en Galicia, 55 en Asturias, 77 en Castela e León, 33 en Navarra e 20 na Rioxa). A todos eles fáiselles entrega dun kit conformado, entre outros elementos, por carteis didácticos, un selo identificativo para o albergue como colaborador da campaña (Ecoalbergue), Compostelas do Ecoperegrino e bolsas reutilizables fabricadas con PET reciclado para entregar aos peregrinos.
Deste xeito, as hospedaxes foron equipadas cunha media de 2 a 4 puntos de reciclaxe amarelos -onde se depositan os envases de plástico, latas e briks- e azuis -destinados aos envases de papel e cartón- que inclúen un código BIDI a fin de resolver posibles dúbidas no momento de depositar os residuos.
Como novidade este ano, máis dunha decena de oficinas de turismo repartidas por distintas áreas xeográficas galegas repartirán carteis didácticos, papeleiras e uns mapas con código BIDI para atopar de forma fácil todas as hospedaxes que colaboran no proxecto.
PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS
Nesta edición mantense a Compostela do EcoPeregrino, que naceu co obxectivo de dar visibilidade ao compromiso dos peregrinos coa reciclaxe e a súa aposta por manter o camiño libre de lixo. Ademais, ten premio. Por cada camiñante que suba unha foto da súa Compostela do EcoPeregrino con tres selos (que poderán obter nos Ecoalbergues participantes do Camiño da Reciclaxe durante os meses de xuño a outubro) co # EcoPeregrino aos seus RRSS -Instagram ou Twitter-, plantarase unha árbore autóctona nunha zona de Galicia e outra de Asturias.
En febreiro do 2020 plantáronse máis de 650 árbores autóctonas nunha hectárea de Caldas de Reis (Pontevedra).
Fonte e imaxe: Ecoembes