- Nunha primeira fase, a empresa pública dependiente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, entregou a estes tres municipios 80 composteiros, así como outros tantos manuais didácticos nos que se detalla, de forma pormenorizada, a técnica a aplicar e dáse resposta ás dúbidas máis frecuentes.
- Con todo, e en data a concretar polas partes, técnicos de Sogama impartirán en cada municipio un curso de formación presencial dirixido aos participantes.
- Con esta iniciativa, os tres entes locais confían en alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Cerceda, a 16 de xullo de 2021.- Os concellos de A Capela, Mañón e Monfero (A Coruña) adheríronse, practicamente de forma simultánea, ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, empresa pública adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, co obxectivo de alcanzar importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.
Con estas tres novas incorporacións, xa son 219 os municipios galegos adscritos a este programa, aos que habería que sumar 154 centros educativos e 28 colectivos sociais. En total, 401 entidades entre as que Sogama repartitu, de forma gratuita, preto de 17.000 composteiros.
Nunha primeira fase, A Capela xa recibiu, da man de Sogama, 30 composteiros, e Mañón e Monfero, 25 cada un. Xunto cos recipientes, entrégase a cada participante un manual didáctico no que se detalla, de forma pormenorizada, a técnica a aplicar e dáse resposta ás dúbidas máis frecuentes.
Con todo, e en data a determinar polas partes, técnicos desta Sociedade impartirán en cada municipio un curso de formación presencial no que explicarán a operativa a seguir, a importancia de realizar unha boa selección dos residuos orgánicos en orixe, así como de controlar convenientemente parámetros tales como osíxeno, humidade e temperatura.
A sesión será aproveitada para que os usuarios realicen as súas consultas, coa particularidade de que teñen á súa disposición un sitio web www.compostaconsogama.gal a través do cal poderán acceder a recursos cos que complementar os seus coñecementos neste ámbito.
Condición indispensable para que os veciños poidan facerse con un destes composteiros é habitar nunha vivenda unifamiliar que dispoña de terreo (horta, xardín ou terras de cultivo) no que aplicar o compost resultante, pechando o círculo de reciclaxe da materia orgánica. Dado que esta representa en torno ao 42% da composición media dunha bolsa de lixo tipo, se se recupera en orixe, evítase o seu depósito no contedor verde convencional, circunstancia que permite reducir a frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais e, polo tanto, as emisións de CO2.
Ademais, ao entregar menos refugallos a Sogama, minórase tamén o importe da factura que deben pagar a esta empresa pública.
O seguimento desta iniciativa en cada municipio levará a cabo polo persoal dos respectivos concellos.
Saúdos, Departamento de Comunicación