- Deste obxectivo deixou constancia o Director Xeral da FAO no acto inaugural do Simposio Internacional sobre a sostibilidade da pesca, que arrincou o pasado luns e concluirá mañá, 21 de novembro.
- Segundo a FAO, mentres a pesca nas rexións desenvolvidas é cada vez máis sostible (reconstrúense as poboacións de peixes e melloran as condicións dos traballadores do sector), nas rexións en desenvolvemento non mellora a este ritmO.
- O peixe é especialmente importante nos países con déficit de alimentos. Das 30 nacións que máis peixe consumen, 17 son países de baixos ingresos con déficit de alimentos, situados sobre todo en África, Asia e Oceanía.
Cerceda, a 20 de novembro de 2019.- A FAO considera que a pesca necesita un novo enfoque para garantir a saúde dos océanos. O Director Xeral deste organismo, Qu Dongyu, deixou constancia deste posicionamento durante o acto inaugural do Simposio Internacional sobre a sostibilidade da pesca, que arrincou o pasado luns e concluirá mañá, 21 de novembro. Esta xornada conta coa participación de selectos representantes do sector pesqueiro para estudar o estado da pesca a nivel mundial e rexional, e como facer que os recursos pesqueiros sexan máis sostibles
Dado que se prevé que, en 2050, a poboación mundial chegue a 10.000 millóns de persoas, a terra, por si mesma, non será suficiente para garantir a alimentación de todas elas, senón que se precisa tamén dos recursos que proporciona o mar, pero sen comprometer a súa conservación. A contaminación plástica, os efectos do cambio climático, a degradación do hábitat e a sobrepesca constitúen factores que ameazan seriamente aos océanos.
Segundo a FAO, mentres que a pesca nas rexións desenvolvidas é cada vez máis sostible (reconstrúense as poboacións de peixes e melloran as condicións dos traballadores do sector), nas rexións en desenvolvemento non mellora tan rápido.
Qu Dongyu propuxo tres solucións para facer máis sostible a pesca: reinvestir en programas de sostibilidade mariña e de auga doce, investir no crecemento sostible dos océanos e garantir que as medidas de protección axeitadas se combinen cunha xestión eficaz, incluíndo a redución do desperdicio alimentario na industria pesqueira.
OS DATOS
Nunha intervención técnica no inicio do Simposio, o Director Xeral Adxunto da FAO para Pesca e Acuicultura, Manuel Barange, destacou, entre outras cuestións, as seguintes:
• En 2017, a pesca proporcionou 173 millóns de toneladas de produtos pesqueiros, 153 millóns para o consumo humano directo, é dicir, sete veces máis que en 1950.
• Os produtos pesqueiros son un dos produtos alimentarios máis comercializados, superando o comercio de alimentos de todos os animais terrestres combinados.
• O peixe é especialmente importante nos países con déficit de alimentos. Das 30 nacións que máis peixe consumen, 17 son países de baixos ingresos con déficit de alimentos, situados sobre todo en África, Asia e Oceanía.
• Ao redor do 95% das persoas que dependen da pesca como medio de vida habitan en África e Asia. A gran maioría deles son mariñeiros en pequena escala que loitan por gañarse o sustento cunha das profesións máis duras e perigosas.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación