- Algúns dos temas abordados na xornada focalizáronse cara á procura de materiais biobasados ou biodegradables, packagings reciclados, procesos eficientes e novas fórmulas de reutilización.
- A xornada contou, ademais, cunha exposición de xoguetes sostibles que mostra o compromiso da industria e os pasos que xa se están dando cara á circularidade.
Cerceda, a 10 de outubro de 2022.- O pasado 28 de setembro, celebrouse en Madrid o primeiro encontro centrado na sostibilidade e economía circular no sector fabricante de xoguetes, que combinou sesións de formación con mesas redondas para intercambiar puntos de vista e ofrecer alternativas ás necesidades reais das empresas.
Algúns dos temas abordados na xornada focalizáronse cara á procura de materiais biobasados ou biodegradables, packagings reciclados, procesos eficientes e novas fórmulas de reutilización.
Sonia Sánchez, consultora de sostibilidade especializada no sector do xoguete; Ana Gascó, directora da estratexia de envases sostibles para Europa en The Coca-Cola Company; ou o escritor José Luis Montes, son algúns dos relatores que debullaron como incorporar a sostibilidade ás empresas fabricantes de xoguetes.
Pola súa banda, empresas como Hasbro, Mattel, Miniland, Cayro, Geomag ou IMC, e distribuidoras (El Corte Inglés ou Toy Planet), explicaron os avances dunha industria que “vai por diante do consumidor” en palabras de Fernando Pérez, director de NPD España.
A presidenta da Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes, Marta Salmón, expresou que “A sostibilidade representa o compromiso da industria fabricante de xoguetes con procesos de deseño, produción e comercialización responsables co planeta e cos nenos, que, á fin e ao cabo, representan o futuro e son os que van a herdalo”.
O Instituto Tecnolóxico do produto infantil e de lecer–AIJU- presentou os resultados dun estudo sobre xoguetes e sostibilidade realizado a máis de 2.800 familias de España, Italia, Alemaña, Francia e Reino Unido. Este estudo mostrou resultados concretos sobre como a sostibilidade foi cobrando cada vez máis importancia ata situarse no TOP 10 dos factores de compra, seleccionado polo 24% das familias.
PERFíS DOS CONSUMIDORES DE XOGUETES
Con respecto aos perfís de consumidores de xoguetes e a súa relación coa sostibilidade, a investigación puxo de manifesto tres perfís: o comprador Ecofriendly que supón un 14% en España e preto dun 25% en Francia, Alemaña e Italia (busca xoguetes fabricados con materiais sostibles e/o reciclables ou reciclaxes, e envases fáciles de reciclar); o comprador Sensible, que supón un 51% en España (que o fai nalgúns casos); e o Indiferente, que representa un 35% (que nunca busca xoguetes polo seu compromiso coa sostibilidade).
A xornada contou, ademais, cunha exposición de xoguetes sostibles que mostra o compromiso da industria e os pasos que xa se están dando cara á circularidade. Trátase de xoguetes que son duradeiros, que crean valor a longo prazo e que, á súa vez, utilizan poucos materiais, así como liñas de xogo basicamente biodegradables, ecolóxicas e sostibles.
Fonte e imaxe: Xestores de Residuos