- Coa implicación de todas as Administracións, continuarase traballando para concienciar sobre a importancia de manter un Camiño comprometido coa reciclaxe e libre de lixo, pero cheo de vivencias e contornas naturais únicas.
- No marco da crise do COVID-19, elementos tales como luvas e máscaras serán os novos compañeiros de viaxe, de aí que se incida na necesidade de que estes materiais deposítense no contedor verde xenérico e nunca no amarelo.
Cerceda, a 8 de xullo de 2020.- A crise do COVID-19 propiciou unha profunda reflexión sobre a relación dos humanos co medio ambiente e a necesidade de cambiar certas prácticas. No camiño cara á normalidade, o retorno á Ruta Xacobea pode ser unha boa forma de volver a gozar da natureza e da beleza dunhas paisaxes únicas.
Desde Ecoembes, e coa colaboración de todas as administracións, continuarase traballando para concienciar sobre a importancia de manter un Camiño comprometido coa reciclaxe e libre de lixo, pero cheo de vivencias e contornas naturais únicas.
Grazas ao labor conxunto entre Ecoalbergues, Ecoperegrinos e Administracións, en 2015 conseguiuse poñer en marcha un proxecto medioambiental pioneiro para protexer o Camiño de Santiago: Camiño da reciclaxe, co obxectivo de que os peregrinos xestionen o seus residuos de forma sostible.
Os máis de 450 albergues colaboradores do proxecto e emprazados en 5 comunidades (Galicia, Cantabria, A Rioxa, Castela e León e Asturias), están equipados con papeleiras amarelas e azuis –cun código BIDI para resolver as dúbidas grazas a A.I.R.E, o bot da reciclaxe- para que os ecoperegrinos poidan depositar os refugallos no contedor que corresponda.
LUVAS, MASCARILLAS E ENVASES, NO PUNTO DE MIRA
A través deste proxecto faise un chamamento para que os peregrinos non abandonen os seus residuos na natureza e presten especial atención aos novos compañeiros de viaxe: luvas, máscaras ou envases de xel hidroalcohólico, xa que, froito da emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19, faise necesario utilizar novos produtos para protexer a saúde persoal e a de terceiras persoas.
Neste sentido, cabe recordar que luvas e máscaras desbotables deben ser depositados no contedor verde, xunto co lixo convencional, nunca no amarelo.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pixabay