- Comprometéronse, no marco do Cume de Alcaldes celebrado recentemente en Copenhague, coa promoción dunha dieta conformada por produtos equilibrados e nutritivos asequibles a todos os habitantes.
- Pretenden tamén impulsar estratexias que loiten contra o desperdicio alimentario.
Cerceda, a 14 de outubro de 2019.- No marco do Cume de Alcaldes que se levou a cabo recentemente en Copenhague, un total de 14 cidades de diferentes partes do mundo comprometéronse a promover e preservar a saúde dos cidadáns e do planeta coa denominada “dieta de saúde planetaria” para 2030, rica en cereais integrais e verduras, e cun menor impacto ambiental.
Os rexeddores traballarán cos seus cidadáns para lograr unha alimentación equilibrada e nutritiva, que reflicta a cultura, a xeografía e a demografía dos seus respectivos territorios.
Os entes locais pretenden así introducir políticas que promovan a comercialización e adquisición de alimentos máis saudables e que sexan accesibles e asequibles para todos os habitantes, á vez que pretenden impulsar estratexias que reduzan a perda e o desperdicio alimentario.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación