- Teñen un alto contido en polifenoles, compostos especialmente atractivos para a industria cosmética, farmacéutica e alimentaria.
- O novo método desenvolvido polas investigadoras permite extraer maior número e cantidade destes compostos bioactivos con propiedades saudables, destacando a súa capacidade antioxidante.
- Con este estudo demóstrase que estes residuos teñen unha utilidade, ábrese a porta á súa reutilización e contribúese ao mesmo tempo a minimizar o impacto ambiental da actividade industrial vinculada á fabricación de zumes.
Cerceda, a 26 de xullo de 2019.- Xerados fundamentalmente na produción de zumes, as peles dos cítricos teñen un alto contido en polifenoles, compostos especialmente atractivos para a industria cosmética, farmacéutica e alimentaria. A investigación, da que son autoras un equipo de científicas da Universidade Complutense de Madrid (UCM), e da que se fixo eco a Food Chemistry, evidencia a alta carga de polifenoles que conteñen estes residuos coa particularidade de que o novo método desenvolvido permite extraer maior número e cantidade destes compostos bioactivos con propiedades saudables, destacando a súa capacidade antioxidante.
Para o estudo utilizouse casca de laranxa, limón e mandarina, sendo o tipo de polifenol máis abundante nas tres peles a hesperidina, que resulta de especial interese para moitas industrias dada a súa función protectora fronte á radiación UVA e ao estrés oxidativo celular.
Unha das autoras deste traballo manifestou que, nos últimos anos, os polifenoles centraron a atención, non só da comunidade científica, senón tamén da sociedade no seu conxunto dado o valor engadido que poden aportar no desenvolvemento de alimentos funcionais ou de produtos cosméticos, e na súa utilización como aditivos naturais en alimentos ou como ingredientes en suplementos alimenticios.
Para levar a cabo este traballo, o grupo de investigación desenvolveu e optimizou un método de cromatografía de líquidos para a separación, identificación e cuantificación dos polifenoles presentes nos residuos das froitas. A posteriori desenvolvéronse as condicións de extracción destes residuos mediante ferramentas quimiométricas que permitiron establecer as condicións máis adecuadas para alcanzar o máximo rendemento.
Con este estudo demóstrase que estes residuos teñen unha utilidade, ábrese a porta á súa reutilización e contribúese ao mesmo tempo a minimizar o impacto ambiental da actividade industrial vinculada á fabricación de zumes.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación