- O informe The Future is Now: Science for Achiving Sustainable Development, redactado por un grupo independente de científicos, explica que, para alcanzar os ODS, resulta prioritario desacoplar o crecemento económico e a degradación ambiental, así como diminuír as desigualdades sociais e de xénero.
- O documento propón que as Nacións Unidas proben a creación dun certificado de investimento financeiro en sostibilidade para alentar e recompensar ás industrias e mercados que contribúan ao avance do desenvolvemento sostible.
- Para cambiar de rumbo, os científicos recomendan vinte medidas concretas que deben transformar unha serie de áreas, especialmente os sistemas de produción e consumo dos alimentos, a enerxía e a xestión das cidades.
Cerceda, a 23 de septiembre de 2019.- Moitos expertos coinciden en que aínda se está a tempo de alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en 2030, pero para itso faise preciso cambiar con urxencia a relación da especie humana coa natureza, abordar a problemática que representa o cambio climático, protexer a biodiversidade e reducir a desigualdade en todas as súas facetas.
O informe The Future is Now: Science for Achiving Sustainable Development (O futuro é agora: a ciencia ao servizo do desenvolvemento sostible), redactado por un grupo independente de científicos, explica que, para lograr os ODS, resulta prioritario desacoplar o crecemento económico e a degradación ambiental, así como diminuír as desigualdades sociais e de xénero.
O reto tórnase complexo e non existe unha solución única que sirva para todos os países, polo que as medidas a implantar deben ser diferentes en cada caso e ir acompañadas dunha profunda comprensión científica para anticipar e mitigar as tensións inherentes a un cambio estrutural de gran calado.
Estímase que o uso de materiais no mundo duplicarase practicamente entre 2017 e 2060, pasando de 89 a 167 gigatoneladas, o que conlevará un aumento das emisións e o efecto invernadoiro. Como non todos os países parten da mesma situación, os científicos recoñecen que o crecemento seguirá sendo necesario nos países máis pobres, para garantir a creación de infraestruturas e servizos sociais, mentres que os desenvolvidos deben cambiar os seus patróns de produción e consumo.
Así as cousas, o informe propón que as Nacións Unidas proben a creación dun certificado de investimento financeiro en sostibilidade para alentar e recompensar ás industrias e mercados que contribúan ao avance do desenvolvemento sostible, desalentando o investimento naqueles que non o fagan.
ALIMENTOS, ENERXÍA E CIDADES
Para cambiar de rumbo, recoméndanse vinte medidas concretas que deben transformar unha serie de áreas tales como os sistemas de produción e consumo de alimentos, a enerxía e a xestión das cidades.
Os países en desenvolvemento deben fortalecer a protección social para garantir a alimentación da poboación, e do mesmo xeito que os máis prósperos, tamén deben reducir o impacto ambiental dos seus sistemas de produción, así como o desperdicio de comida.
Con dous terzos da poboación mundial vivindo en cidades no ano 2050, o informe considera que, para lograr a Axenda 2030, requirirase de urbes máis compactas e eficientes que conten cun mellor transporte público, mellores servizos sociais e unha economía que proporcione medios de vida dignos e sostibles, incluídos os que ofrecen a tecnoloxía e a industria baseada na natureza.
O incremento da eficiencia enerxética e a descarbonización, en liña co Acordo de París, tamén constitúen unha prioridade para frear o cambio climático.
Fonte e imaxe: ONU
Saludos, Departamento de Comunicación