- Esta efeméride vénse celebrando cada ano o 5 de xuño e, nesta ocasión, estará dedicada á biodiversidade.
- Cun millón de especies de plantas e animais en perigo de extinción en todo o mundo, os promotores consideran que 2020 é un momento decisivo para prestar especial atención a esta temática.
- Colombia está catalogado como un dos países megadiversos do mundo, onde habita preto do 10% da biodiversidade do planeta
Cerceda, a 31 de xaneiro de 2020.- Colombia será o país anfitrión do Día Mundial do Medio Ambiente 2020, que este ano estará dedicado á biodiversidade.
O anuncio realizouse no marco da Conferencia da ONU sobre Cambio Climático (COP25) por parte do goberno de Colombia, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o goberno de Alemaña, que apoiará os eventos.
O Día Mundial do Medio Ambiente, que se vén celebrando o 5 de xuño, eríxese na data máis relevante no calendario da ONU para promover a conciencia e a acción en materia ambiental a nivel global, logrando asentarse como a principal plataforma mundial de divulgación pública sobre a protección da contorna.
Cun millón de especies de plantas e animais en perigo de extinción a nivel mundial, os promotores consideran que 2020 é un momento decisivo para prestar especial atención a esta temática.
Colombia está catalogado como un dos países megadiversos do mundo, onde habita preto do 10% da biodiversidade do planeta. A nación suramericana ocupa o primeiro lugar en diversidade de especies de aves e orquídeas, e o segundo en plantas, bolboretas, peixes de auga doce e anfibios.
Así mesmo, ten varias áreas ricas en diversidade biolóxica nos ecosistemas andinos, onde existe gran variedade de especies endémicas, e resgarda boa parte do bosque amazónico e ecosistemas húmidos nq área bioxeográfica do Chocó.
O próximo ano ofrece tamén a oportunidade de dar inicio á Década das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha iniciativa para ampliar masivamente a recuperación de ecosistemas degradados e destruídos como parte da loita contra a crise climática e os esforzos en favor da seguridade alimentaria, a subministración de auga e a biodiversidade.
Fonte: ONU Medio Ambiente
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación