- As negativas consecuencias do Covid-19 no ámbito sanitario e social, esténdense tamén de forma inexorable ao plano económico e, co fin de axudar a potenciar a industria autonómica e o comercio de proximidade, o Clúster da Comunicación de Galicia, coa colaboración doutras entidades, creou a marca “Compra do noso”.
- Deste xeito, quérese tecer un sentimento común na sociedade e concienciar ao consumidor da importancia que ten manter vivo o sector empresarial e comercial galego, sen o cal non sería posible o progreso da nosa terra.
Cerceda, a 27 de maio de 2020.- Máis aló do negativo impacto sanitario e social da pandemia do COVID-19, as consecuencias económicas son impredicibles e augúrase que serán especialmente virulentas para as pequenas e medianas empresas, que son precisamente aquelas que sustentan o emprego en Galicia.
Así as cousas, e co fin de axudar a potenciar a industria autonómica e o comercio de proximidade, o Clúster da Comunicación de Galicia, coa colaboración doutras entidades tales como Atelier, corre Lola Corre e Elemental Chefs, creou a marca “Compra do noso”.
Os promotores desta iniciativa aseguran que, co mesmo esforzo común investido nos primeiros meses da crise sanitaria, quérese tecer un sentimento común na sociedade e concienciar ao consumidor da importancia que ten manter vivo o sector empresarial e comercial galego, sen o cal non sería posible o progreso da nosa terra.
Invítase así ao traballo e solidariedade colaborativa, poñendo en valor o talento e o produto galego para voltar a un consumo “quilómetro cero”, reforzándose a idea do propio e a necesidade de facer comunidade e manternos unidos nese reto que supón volver á normalidade.
Os impulsores da marca sinalan que se pode adaptar a cada tipo de servizo ou produto con variantes como "Le do noso" ou "Viste do noso".
Xa son moitas as entidades empresariais galegas que forman parte desta campaña.
Así que “Compra dos noso” polas nosas empresas e os nosos traballadores; polo noso futuro.
Fonte e imaxe: Extradigital