- Insta á Comisión a utilizar os marcos normativos existentes, como REACH, para impoñer restricións e facer cumprir unha prohibición en toda a UE para finais de 2024
Cerceda, a 9 de abril de 2024.- A Confederación Europea de Industrias da Reciclaxe (EURIC) defende que a decisión de Bélxica de prohibir a venda de cigarros electrónicos refugables (vapes) a partir do 1 de xaneiro de 2025 ha de servir de exemplo para que a UE impoña unha prohibición total a finais de 2024.
A organización argumenta que a industria enfróntase, cada vez máis, ás complexidades que rodean o tratamento dos cigarros electrónicos refugables, clasificados como residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) en virtude da normativa vixente, polo que urxe adoptar un enfoque global.
Asegura que os problemas actuais, como o rexistro insuficiente por parte de produtores e distribuidores debido á falta de concienciación, así como a escasa aplicación da lexislación, dificultan a reciclaxe eficaz destes materiais e os esforzos de protección do medio ambiente.
É por iso que EURIC insta á Comisión a utilizar os marcos normativos existentes, como REACH, para impoñer restricións estritas e facer cumprir unha prohibición en toda a UE dos cigarros electrónicos dun só uso para finais de 2024. Como portavoz da industria europea da reciclaxe, a Confederación mostra a súa disposición a colaborar cos responsables políticos e os organismos reguladores da UE para lograr este obxectivo.
Fonte e imaxe: EURIC