- A través dunha declaración final, os firmantes destacaron a importancia da inclusión, a paz, a familia, a educación, a mocidade e o empoderamento das mulleres e as nenas.
- Así mesmo, o potencial da mocidade foi plasmada nun segundo documento baixo o título o “Pacto Climático Xuvenil de Salt Lake City”.
- Este documento contempla varios instrumentos de acción que van desde facer fronte a políticas que prexudican o medio ambiente ata levar a cabo un labor de formación e concienciación ambiental dirixida ás comunidades.
Cerceda, a 3 de setembro de 2019.- Ante a crise climática que azouta con virulencia o noso planeta, os mozos decidiron unirse á loita e axudar nesa ardua tarefa que representa a construción dun futuro sostible.
Os participantes na 68ª Conferencia das Nacións Unidas e a Sociedade Civil, destacaron que as cidades e comunidades deben ser consideradas elementos esenciais para lograr todos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Tras tres días de traballo (plenarias, reunións e debates), nunha declaración final os firmantes destacaron a importancia da inclusión, a paz, a familia, a educación, a mocidade e o empoderamento das mulleres e as nenas.
Se ben a temática central da Conferencia deste ano xiraba en torno ás "Cidades e comunidades inclusivas", o documento recoñeceu igualmente a interdependencia da prosperidade rural e urbana, así como a necesidade de abordar as condicións específicas das zonas montañosas e os pequenos Estados insulares en desenvolvemento, sen esquecer o potencial que representa a mocidade, plasmado á súa vez nun segundo documento baixo o título “Pacto Climático Xuvenil de Salt Lake City”.
Este documento faise eco de varios instrumentos de acción que van desde facer fronte a políticas que prexudican o medio ambiente ata levar a cabo un labor de educación e concienciación ambiental dirixida ás comunidades para explicarlles os impactos que teñen os distintos estilos de vida e sensibilizalos sobre a imperiosa necesidade de elixir medios de transporte respectuosos co medio ambiente tales como camiñar, desprazarse en bicicleta ou en transporte público.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación