Noticias
Consellos para reducir o desperdicio de alimentos este verán
- O desperdicio alimentario é unha constante durante todo o ano, pero acrecéntase en época estival pola falta de planificación e organización.
- A compañía Too Good To Go comparte unha serie de recomendacións de gran utilidade.
Cerceda, a 5 de xullo de 2021.- Se ben o desperdicio alimentario é unha constante durante todo o ano, no verán, debido á relaxación dos horarios, á falta de planificación e organización, e ao feito de pasar máis tempo fóra de casa, acrecéntase de forma exponencial.
A compañía Too Good To Go comparte 10 consellos crave para reducir a cantidade de comida que acaba no cubo do lixo:
- Optimizar a compra deseñando o menú e a comida que se necesita para os próximos días. Así saberase que ingredientes fan falta ao facer a compra no supermercado para a casa habitual ou a de vacacións.
- Comprar con cabeza revisando previamente o que hai na neveira e na despensa, e facer unha lista da compra para evitar coller cousas por duplicado ou que xa había e que non se necesitaba.
- Facer compras sostibles adquirindo produtos de tempada ou utilizando apps como Too Good To Go para adquirir o excedente diario de milleiross de restaurantes, panaderías e supermercados, entre outros comercios, a prezos reducidos, axudando a que a comida que sobra nestes negocios non sexa desperdiciada ao final do día.
- Organizar a despensa e neveira colocando ao fondo o que se comprou novo e deixando á vista o que leva máis tempo gardado ou que está a piques de alcanzar a súa data de consumo preferente ou data de caducidade, para consumilos antes de que se estraguen. Lembrar que a data de consumo preferente é só un indicador de calidade e, se xa venceu, podemos utilizar os sentidos (ver, cheirar e probar) para saber se o alimento segue sendo apto para consumir e evitar o seu desperdicio.
- A neveira sempre será a mellor aliada para manter a comida fresca e por máis tempo, sobre todo no verán.
- Acordarse do conxelador para gardar aquela comida que non se vaia a consumir en breve e así alongar a súa vida útil ou poder consumila máis adiante. Pon unha etiqueta coa data de conxelación e conxela en racións individuais para así desconxelar só a cantidade que necesitas.
- Cociñar calculando sempre as cantidades, facendo racións máis pequenas e dando a opción de repetir para así evitar que sobre comida nos pratos.
- Aproveitar as sobras ou aquilo que estea demasiado maduro ou a piques de estragarse para facer novas receitas. Por exemplo, as froitas e as verduras pódense aproveitar moi facilmente no verán para facer receitas moi frescas como gaspachos, salmorejos, smoothies ou xeados.
- No bufé do hotel hai que lembrar sempre calcular a cantidade de comida a servir no prato e levantarse todas as veces que fagan falta para así evitar poñer comida de máis que logo non se vaia a poder acabar.
10. E no restaurante, se hai algún prato que non se puido acabar, pedir ao camareiro que o poña nun envase para levar
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pexels