- Segundo un estudo da FAO, a biodiversidade está a sufrir un alarmante retroceso e afecta a todo tipo de especies, animais e vexetais.
- O informe analiza as causas e as posibles solucións para paliar este fenómeno.
Cerceda, a 12 de marzo de 2019.- A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) fixo público un estudo que, baixo o título “O estado da biodiversidade para a alimentación e a agricultura no mundo”, demostra que a biodiversidade que sustenta os nosos sistemas alimentarios atópase en perigo, o que supón unha ameaza para o futuro dos nosos alimentos, medios de subsistencia, saúde e medio ambiente.
A biodiversidade para a alimentación inclúe, por unha banda, a todas as especies vexetais e animais, silvestres e domésticas, que nos proporcionan alimentos, forraxe, combustible e fibras; e, por outra, o conxunto de organismos que apoian a produción alimentaria – e que se coñece como biodiversidade asociada-, mediante os denominados servizos ecosistémicos: plantas, animais e microorganismos que manteñen fértiles os solos, polinizan as plantas, purifican a auga e o aire, evitan a erosión, manteñen a saúde das especies e combaten as pragas e enfermidades que afectan aos cultivos e ao gando.
Unha menor biodiversidade, advirte José Graziano da Silva, Director Xeral da FAO, implica que as plantas e animais sexan máis vulnerables a pragas e enfermidades.
ESPECIES EN RISCO
No informe ponse de manifesto que a diversidade vexetal nas explotacións agrícolas non deixa de diminuír. Estímanse en 6.000 as especies de plantas que se cultivan no mundo para obter alimentos. Pero delas, menos de 200 contribúen de xeito significativo á produción alimentaria mundial; e tan só nove das devanditas especies representan o 66% do total da produción agrícola.
O panorama non é máis alentador no que á gandeiría refírese. A produción gandeira mundial fundamentase en tan só 40 especies animais, das cales unas poucas proporcionan a maior parte da carne, leite e ovos. Existen unhas 7.745 razas de gando autóctonas rexistradas no planeta, das que o 26% atópase en perigo de extinción.
Un terzo das especies piscícolas sofren sobreexplotación; e máis do 50% das poboacións de peixes de todo o mundo alcanzaron o seu límite de explotación sostible.
Os bosques, pastizais, manglares, praderías mariñas, arrecifes de coral e os humedais en xeral, todos eles ecosistemas clave que prestan numerosos servizos esenciais para a alimentación e a agricultura e que son o hábitat de numerosas especies, tamén están diminuíndo rapidamente.
CAUSAS E POSIBLES SOLUCIÓNS
Os 91 países que colaboraron no estudo coinciden en sinalar unas mesmas causas desta acelerada perda de biodiversidade: os cambios no uso e a xestión da terra e a auga, a contaminación, a sobrepesca, a sobreexplotación dos recursos, o cambio climático, o crecemento demográfico e a urbanización.
Pola súa banda, a biodiversidade asociada sofre o mesmo fenómeno pero por causas que, en ocasións, son propias de cada rexión xeográfica. Por exemplo, ademais da alteración e a perda do hábitat, certas especies están desaparecendo en África debido á caza, o furtivismo e a sobreexplotación; en cambio, en Europa e Asia Central esta perda de diversidade débese en maior medida á deforestación, cambios no uso da terra e a intensificación da produción agrícola.
O informe de FAO constata un crecente interese polas prácticas e enfoques que favorecen á biodiversidade: a agricultura orgánica, o manexo integrado de pragas, a agricultura de conservación, a xestión sostible dos solos e os bosques, a diversificación na acuicultura, etc. Pero a isto debe sumarse a necesaria colaboración da comunidade internacional, administracións, produtores e sociedade civil.
Unha vez máis, a sostibilidade resulta clave, pois é a única vía para conxugar calidade de vida e supervivencia do medio natural e da propia especie humana.
Fonte e imaxe: FAO
Saúdos, Departamento de Comunicación