- O bot da reciclaxe desenvolvido por Ecoembes recibiu un 45% máis de consultas diarias desde que se decretou o estado de alarma.
- Algúns dos residuos polos que máis preguntan os cidadáns, e que xeran maior confusión, son as luvas e mascarillas, cuxo destino debe ser a fracción resto (contedor convencional).
Cerceda, a 16 de abril de 2020.- Durante o período de confinamiento, constatouse que os cidadáns seguen preocupándose e coidando o medio ambiente. Non obstante, e máis aló dos residuos habituais, apareceron outros resultantes das circunstancias actuais. É o caso de luvas e mascarillas, que xeran dúbidas sobre o contedor de destino.
Mostra desta preocupación son os datos rexistrados en A.I.R-e, o asistente virtual de reciclaxe desenvolvido por Ecoembes, que desde o inicio do estado de alarma promovocado polo COVID-19 experimentou un notable incremento da súa actividade. O número de consultas realizadas polos cidadáns a este bot no último mes ascende a 43.500, o que supón un aumento do 45% respecto da media rexistrada en meses anteriores.
Así, un total de 174 consultas conteñen o termo ‘mascarilla’, mentres que outras 500 inclúen a palabra ‘luvas’. Desde o asistente virtual recórdase que ambos residuos, luvas e mascarillas, deben depositarse sempre no cubo de restos (lixo normal) nunca no azul ou o amarelo. Ademais, puntualiza que, para os fogares con casos positivos en coronavirus, os residuos deben meterse xunto ao resto de lixo xerado pola persoa infectada nunha mesma bolsa con pechadura hermética e depositala no contedor convencional (fracción resto).
O bot de Ecoembes é o primeiro asistente virtual de reciclaxe que funciona a través do recoñecemento de voz, texto e fotos para dar información interactiva, e ao momento, sobre distintas cuestións relacionadas coa reciclaxe, como en que contedor debe depositarse cada envase e o material do que está composto.
Desde que se lanzase A.I.R-e en 2018, esta ferramenta recibiu en torno a 770.000 mensaxes e foi utilizado por máis de 1.731.000 usuarios.
Fonte e imaxe: Ecoembes