- Esta opción é máis respectuosa co medio ambiente, máis nutritiva e a máis económica para o peto dos consumidores.
Cerceda, a 1 de outubro de 2020.- Elixir alimentos de tempada é a opción máis respectuosa co medio ambiente e tamén a máis económica para os consumidores, coa particularidade de que, ao crecer en sintonía cos ciclos naturais sen depender de invernadoiros, teñen mellores cualidades organolépticas e contan con todos os nutrientes.
Ademais de todo itso, a produción de tempada contribúe a un sistema alimentario máis sostible ao reducir o consumo enerxético derivado do transporte e distribución e, polo tanto, as emisións; fortalece o comercio local e de proximidade, xerando riqueza na contorna máis próxima e dinamizando a economía das comunidades; potencia a actividade das pequenas explotacións familiares, polo que crea emprego local e favorece a repoboación de zonas rurais; e axuda a preservar a biodiversidade fronte aos monocultivos e as prácticas da agricultura industrial.
Así mesmo, comprando de tempada e local afórrase o uso de embalaxe e de plástico, posto que se elimina case por completo o transporte e a almacenaxe da mercancía.
O ideal é optar produtos de tempada que tamén teñan unha orixe local, pois o impacto ambiental dun mesmo artigo varía segundo onde se consuma.
Desta maneira estaremos contribuíndo á consecución de boa parte dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en particular o ODS 12, Produción e consumo responsables, e o 13, Acción polo clima, ao procurar unha redución de gases de efecto invernadoiro.
Fonte: SIGFITO
Imaxe: Pixabay