- Destinará máis de 450 millóns de euros para financiar iniciativas medioambientais e, tendo en conta as circunstancias actuais, adoptáronse medidas para facilitar as solicitudes.
- Se ben as prioridades dos proxectos LIFE son o medio ambiente e o clima, Angelo Salsi, xefe da unidade LIFE da Axencia Executiva para Pequenas e Medianas Empresas (EASME) da CE, considera que estes teñen fortes vínculoscoa saúde humana, polo que, en certos casos, poderían abordar directa ou indirectamente problemas relacionados coa xestión de pandemias como as que estamos a vivir.
- Neste marco, invítase a cada solicitante a analizar críticamente os obxectivos e actividades do seu proxecto para detectar calquera elemento que poida mellorar directa ou indirectamente a capacidade colectiva para evitar, mitigar, gestionar e recuperar no caso dunha crise futura similar.
Cerceda, a 14 de abril de 2020.- O pasado 2 de abril, a Axencia Europea para a Pequena e Mediana Empresa (EASME) da Comisión Europea fixo pública a Convocatoria LIFE 2020, á que destinará máis de 450 millóns de euros orientados a financiar iniciativas medioambientais.
Dado o escenario de crise sanitaria orixinada polo COVID-19, esta convocatoria introduce algunhas modificacións respecto das anteriores. Mentres que algunhas medidas atañen ao propio proceso de presentación dos proxectos, outras abren novas posibilidades en termos de deseño de proxecto.
NOVAS MEDIDAS CONFIRMADAS
Entre as novas medidas confirmadas figuran as seguintes:
* Todos os prazos de presentación estanse ampliando un mes.
* Os solicitantes poden inscribirse para unha breve discusión individual online sobre a súa idea de proxecto cun dos expertos de EASME.
* As entidades privadas xa non están obrigadas a levar a cabo licitacións para contratos superiores a 135.000 euros.
* Permitirase que todos os proxectos apoien financeiramente as iniciativas locais que poidan contribuír ao obxectivo dos mesmos. Isto adoptará a forma de subvencións que o beneficiario poderá conceder (dentro de certos límites) a terceiros responsables de tales iniciativas
* Nas guías para os solicitantes integrouse unha sección especial sobre empresas de nova creación. Na mesma invítase ás empresas máis grandes a considerar o seu proxecto LIFE como unha posible incubadora de empresas de nova creación. Deste xeito, a empresa de nova creación pode ter a oportunidade de pasar a un desenvolvemento completo do mercado, e a empresa máis grande tería acceso ao coñecemento.
Angelo Salsi, xefe da unidade LIFE da EASME, sinalou nun comunicado que “nestes tempos da pandemia de COVID-19, será un desafíoparticipar na convocatoria de propostas LIFE 2020, circunstancia ante a cal o organismo adoptou medidas para facilitar as solicitudes”.
Para proxectos LIFE cun enfoque de mitigación e adaptación ao cambio climático, así como iniciativas de gobernanza climática, os participantes terán que presentar a súa candidatura completa en outubro de 2020.
No caso dos solicitantes que aborden proxectos sobre natureza e medio ambiente, os candidatos esbozarán a súa idea nunha nota que debe ser presentada antes de xullo de 2020 e que, de ser preseleccionada, os seus impulsores terán ata febreiro de 2021 para presentar unha solicitude completa.
MEDIO AMBIENTE E SAÚDE: ESTREITOS VÍNCULOS
Salsi engadiou que “se ben sabemos que as prioridades clave de LIFE son o medio ambiente e o clima, con todo estes teñen indudablemente fortes vínculos coa saúde humana. Certos proxectos ou accións específicas poderían abordar directa ou indirectamente problemas relacionados coa xestión deste tipo de pandemia. Tendo en conta este desafío global ao que nos enfrontamos, cremos que o programa LIFE debe facer todo o posible para contribuír activamente a atopar solucións”.
Fonte: https://ec.europa.eu/easme/en/section/life/calls-proposals