- Participa no proxecto europeo NetTag, cuxo obxecto é a redución dos refugallos mariños que xera o sector pesqueiro, a recuperación das chamadas redes pantasma e a formación dos pescadores na correcta xestión dos residuos que producen a bordo.
- Lanzado o pasado mes de xaneiro, o proxecto, que se atopa liderado polo Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental de Portugal, estará en vigor ata o 31 de decembro de 2020.
Cerceda, a 23 de abril de 2019.- No marco do proxecto europeo NetTag, que lidera o Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental de Portugal, a Cooperativa de Armadores de Pesca de Vigo (ARVI) anunciou no seu momento a participación no mesmo co obxectivo de contribuír á loita contra o lixo mariño.
Os obxectivos do proxecto están focalizados cara á redución dos refugallos mariños que xera o sector pesqueiro, a recuperación das chamadas redes pantasma (redes de pesca que se quedan á deriva) a través de localizadores acústicos instalados nas mesmas –dispositivos que deseñará a Universidade de New Castleen no marco do propio proxecto– e o desenvolvemento de vehículos autónomos para que sexa viable a súa recuperación, e a formación dos pescadores na correcta xestión dos residuos que producen a bordo, promovendo as boas prácticas.
Para isto traballarase directamente, e desde unha dimensión innovadora e integradora, cos tripulantes de buques pesqueiros no noroeste de Portugal e Galicia.
A iniciativa contempla igualmente a análise do impacto ambiental das redes e a súa repercusión en distintas áreas da costa galega e portuguesa a través de experiencias controladas en laboratorio, así como un estudo socioeconómico que levarán a cabo conxuntamente a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Aveiro coa pretensión de avaliar o custo-beneficio da implementación dos dispositivos acústicos que se desenvolverán para a recollida de redes.
Desde fai máis de medio século, ARVI contribúe ao desenvolvemento sostible do sector pesqueiro, promovendo unha actividade pesqueira responsable e comprometida coa protección dos mares.
SOBRE NetTag
NetTag desenvolverá e probará novas tecnoloxías (dispositivo acústico e sistema de recuperación robótica) para reducir as artes perdidas e organizará actividades de sensibilización dirixidas aos pescadores. Estas darán comezo con talleres participativos para avaliar a súa percepción sobre a problemática dos refugallos mariños, para identificar os engrenaxes que se perden con maior frecuencia na rexión noroeste de Portugal e Galicia, e para comprender as preocupacións dos pescadores sobre o lixo mariño e como este compromete a súa actividade
Financiado pola Axencia Executiva para pequenas e medianas empresas (EASME), a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP),o proxecto conta cun equipo multidisciplinar e internacional de investigadores de diversos campos, que unen as ciencias naturais, a través da participación do CIIMAR; a enxeñería robótica, con INESCTEC e a Universidade de Newcastle; as ciencias sociais, coa Universidade de Aveiro e a Universidade de Santiago de Compostela, así como coa participación directa do sector pesqueiro representado pola APMSHM de Portugal, ARVI e a empresa internacional de redes de pesca, Euronete.
O proxecto , que arrincou o pasado mes de xaneiro, estará en vigor ata o 31 de decembro de 2020. Conta cunha orzamento de 394.449 euros.
Fonte e imaxe: www.industriaspesqueras.com
Saúdos, Departamento de Comunicación