- O proxecto europeo BIOGEARS busca proporcionar ao sector de acuicultura produtos innovadores e novas cadeas de valor en base a materiais biodegradables ou procedentes de fontes renovables.
Cerceda, a 31 de marzo de 2020.- O uso do plástico en artes de pesca mariñas e de acuicultura tamén está a ser cuestionado, procurando solucións alternativas con menor impacto no ecosistema mariño.
As cordas de explotacións long-line de acuicultura fabrícanse con plásticos non fácilmente reciclables, co risco asociado de perderse no mar debido ás propias condicións mariñas e meteorolóxicas. Neste marco, necesítanse solucións técnicas, baseadas en materiais procedentes de fontes renovables, para obter cordas de cultivo en acuicultura que sexan funcionais durante, alomenos, unha ou dúas campañas e potencialmente biodegradables en substancias non tóxicas nun periodo curto de tempo ou, de forma alternativa, que permitan a súa xestión de forma máis sostible en plantas de compostaxe.
Neste contexto xorde BIOGEARS. Este proxecto ten por obxecto desenvolver e probar solucións sostibles en base a novos materiais biodegradables e compostables nun contexto de economía circular.
Así, ao longo da investigación, desenvolveranse novos materiais de orixe biolóxica, baseados en biopolímeros de fontes renovables, a partir dos cales deseñaranse e fabricarranse tres prototipos de corda de acuicultura. Os devanditos prototipos serán monitorizados para validar tanto o seu rendemento na produción de mexillóns e algas como a súa durabilidade no medio mariño.
Ademais, caracterizarase a súa biodegradabilidade no medio mariño e en condicións de compostaxe, e realizarase unha análise da súa sostibilidade fronte aos materiais convencionais (100% plásticos procedentes de recursos fósiles).
Financiado pola Unión Europea a través do seu programa de investigación e innovación Horizonte 2020, este proxecto, cunha duración de tres ano (2019-2022) e que lidera o Centro Tecnolóxico Azti, aportará resultados que servirán de apoio á definición de políticas sobre lixo mariño e a utilización do plástico, ao tempo que proporcionará unha solución á falta de información relacionada co uso de materiais de base biolóxica no mar e a xeración de microplásticos.
Fonte e imaxe: Residuos Profesional