- Este material ten unha composición innovadora que, ademais de axudar a reciclar os refugallos agrícolas e reducir a pegada de CO2, favorece o uso de materias primas secundarias.
- Segundo se desprende do estudo, desenvolvido por investigadores da Universidade de Cádiz, “trátase dun novidoso material que demostrou a súa eficacia para reemprazar a algúns plásticos sintéticos ou derivados do petróleo que son moi demandados e dañinos co medio ambiente”.
Cerceda, a 2 de xuño de 2020.- Na actualidade, a redución do consumo de plásticos contaminantes converteuse nun desafío para a industria e para o mundo, sendo os sectores do envasado, construción ou automoción os que demandan en maior medida este material.
Un grupo de investigadores da Universidade de Cádiz logrou desenvolver un agro-composto, formado a partir de refugallos da remolacha azucareira, que reúne as condicións óptimas para poder usarse en agricultura ecolóxica e substituír a algúns plásticos contaminantes. Este material ten unha composición innovadora que, ademais de axudar a reciclar os residuos agrícolas e reducir a pegada de CO2, favorece o uso de materias primas secundarias.
O estudo, que foi publicado na revista Journal of Cleaner Production, céntrase na produción dun material que combina polietileno de baixa densidade lineal (un dos materiais termoplásticos máis utilizados en bolsas de plástico ou envoltorios, por exemplo) con carbocal (subproducto resultante do proceso de separación dos “non azucres” do mollo extraído na remolacha azucareira).
A importancia do produto ideado radica, non só na súa composición sostible e innovadora, senón tamén no feito de que “é un material respectuoso co medio ambiente e a economía circular”.
Segundo se desprende deste traballo, “trátase dun novidoso material que demostrou a súa eficacia para reemprazar a algúns plásticos sintéticos ou derivados do petróleo que son moi demandados e dañinos co medio ambiente”. Neste sentido, “os produtos derivados da agricultura pódense afianzar como un revulsivo para a industria global, xa que conllevan un menor custo de produción, mostran un mellor funcionamento e ademais aportan propiedades beneficiosas para a sostibilidade”.
Fonte e imaxe: Retema