- Trátase da Guía Plastic Leak Project, desenvolvida pola consultora de sostibilidade Quantis e o centro de ecodeseño EA, xunto con outras 35 organizacións e entidades.
- Desta forma, as empresas contan cun método homoxéneo e con base científica para entender, medir e reducir a súa pegada plástica (incluída a dos microplásticos) en toda a cadea de valor.
Cerceda, a 22 de abril de 2020.- Conforme foi crecendo a sensibilización da sociedade sobre o impacto do plástico na natureza, as empresas tamén se foron preocupando durante os últimos anos por responder á demanda crecente de inversores, consumidores e gobernos. que esixen unha xestión do plástico conforme a o modelo de economía circular.
Pero ata o de agora, as compañías carecían de información clara e fiable, así como de metodoloxías que lles permitiran traducir o seu compromiso en accións con resultados medibles e tanxibles. Así, moitos dos esforzos realizados non só non tiñan unha base científica, senón que, de acordo cos expertos en redución de residuos, non abordaban as principais causas do problema.
Agora, a consultora de sostibilidade ambiental Quantis e o centro de ecodeseño EA, xunto con outras 35 organizacións e entidades, desenvolveron a Guía Plastic Leak Project, a primeira metodoloxía deseñada para entender, medir e reducir a pegada plástica na cadea de valor dunha empresa.
A pegada plástica pódese definir como a cantidade de plástico e microplástico que, mal xestionado ao final do seu ciclo de vida, acaba como residuo na natureza. As medidas recollidas na guía permiten ás empresas adoptar estratexias con base científica e acompañalas de accións reais para loitar contra esta forma de contaminación.
Tras un ano de colaboración entre as compañías participantes e dous proxectos piloto para verificar a metodoloxía, esta guía xa se atopa dispoñible.
TODO O CICLO DE VIDA
Pensada por e para as empresas, a metodoloxía de Plastic Leak Project proporciónalles un modelo sólido para calcular a pegada plástica de todas as súas actividades e operacións.
Grazas a un enfoque de vangarda, que ten en conta todas as fases do ciclo de vida do plástico, esta metodoloxía identifica onde se orixina a pegada e as diferentes vías polas que o plástico pode acabar como refugallo na natureza.
Contar con esta análise pode axudar a directivos, responsables de sostibilidade, deseño, I+D ou marketing en diferentes niveis. Por exemplo, a desenvolver novas estratéxicas para o uso de plástico, mellorar o ecodeseño dos produtos, identificar e supervisar a innovación na cadea de valor, e comunicar de forma creíble. E todo isto cun dobre obxectivo para a empresa: evitar posibles riscos para o negocio e reforzar a súa aposta pola sostibilidade.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pixabay