- Así se recolle nun informe da consultora Bain & Company, onde se alude a que a Xeración Z e os de maior poder adquisitivo son os que aumentarán o gasto nestes produtos durante os próximos anos
Cerceda, a 13 de novembro de 2024.- O cambio climático é unha das principais preocupacións en Europa (por detrás do custo da vida e a estabilidade política internacional), que foi crecendo nos últimos anos debido a fenómenos meteorolóxicos extremos, tendo fiel reflexo nos hábitos de consumo.
Segundo un informe da consultora Bain & Company, ao redor do 80% dos consumidores europeos comezou a comprar produtos sostibles fai menos de cinco anos e o 57% planea gastar máis neste tipo de artigos no futuro. En Europa demándanse especialmente os produtos naturais e valórase moito o benestar animal, así como os alimentos de orixe local. Con todo, os prezos máis elevados continúan a ser un obstáculo para o consumo sostible.
O informe tamén destaca que os consumidores europeos máis novos e aqueles con maior poder adquisitivo serán os que máis aumenten o gasto en sostibilidade nos próximos anos. Entre os membros da Xeración Z, o 65% agarda incrementar o seu investimento en artigos sostibles, en comparación co 53% dos ‘baby boomers’, ao igual que o 63% dos consumidores con altos ingresos, fronte ao 49% dos que teñen ingresos máis baixos.
Ibon García, socio de Bain & Company, manifestou que “esta tendencia non só se observa en Europa, senón tamén en Estados Unidos, onde os consumidores están dispostos a pagar ata un 10% máis por produtos cun impacto ambiental mínimo e ata un 15% máis por aqueles que ofrecen beneficios para a saúde”.
O crecente interese pola sostibilidade tamén se reflicte na forma na que as compañías de todo o mundo elixen aos seus provedores. Aínda que o 85% destes afirma incorporar criterios sostibles nas súas ofertas, só o 53% dos clientes sente que estas opcións cumpren coas súas expectativas. De feito, o 36% dos clientes estaría disposto a cambiar de provedor se non cumpre cos seus requisitos.
Fonte: Compromiso RSE
Imaxe: Pexels