- O traballo correu a cargo da Universidade de Córdoba, en colaboración coa Universidade chinesa de Xiamen e o Instituto Tecnolóxico de Wentworth (Boston).
- Os residuos de peixe son ricos en nitróXeno, osíxeno, hidróxeno ou carbono, elementos, especialmente este último, útiles en baterías debido á súa electronegatividade, natureza estable e estabilidade térmica.
- O estudo experimentou con baterías de litio, utilizadas a escala mundial, e con dispositivos de sodio e magnesio, dous dos principais candidatos chamados a substituír a un litio concentrado en poucos países e cuxa dispoñibilidade podería escasear no futuro.
Cerceda, a 21 de setembro de 2020.- O crecemento da poboación a escala mundial e o aumento de consumo enerxético espertaron o interese da investigación científica en obter novos materiais alternativos de almacenamento de enerxía.
A Universidade de Córdoba, en colaboración coa universidade chinesa de Xiamen e o Instituto Tecnolóxico de Wentworth (Boston, EE.UU), deseñou recentemente un novo tipo de batería máis sostible a partir de residuos de peixe.
Tan só en China prodúcense ao redor de 59 millóns de toneladas de peixe ao ano, das cales, o 58% non se consome como alimento, converténdose en residuo biolóxico.
Con este novo traballo conseguiuse aproveitar da Tilapia, un peixe común de cuxos residuos – vísceras, cabeza, escamas e aletas- foi extraído o coláxeno para o seu uso en sistemas de almacenamento de enerxía.
Os refugallos de peixe son ricos en nitrógeno, osíxeno, hidróxeno ou carbono, elementos, especialmente este último, útiles en baterías debido á súa electronegatividade, natureza estable e estabilidade térmica.
O estudo experimentou con baterías de litio, utilizadas a escala mundial, e con dispositivos de sodio e magnesio, dous dos principais candidatos chamados a substituír a un litio concentrado en poucos países e cuxa dispoñibilidade podería escasear no futuro.
Segundo as conclusións do informe, os valores de capacidade alcanzados nos tres casos son moi similares, e ata superiores nalgúns rangos, aos obtidos con outros materiais sintetizados por vía química, coa vantaxe engadida de que o ánodo da batería provén dun material que a miúdo adoita converterse en residuo..
Os novos dispositivos poderían ter utilidade como soporte en almacenamento de enerxía eólica ou fotovoltaica, sistemas nos que son necesarios grandes volumes de material dispoñible. Non obstante, aínda queda percorrido para que estas baterías poidan mercantilizarse.
Se ben trátase da primeira vez na que o coláxeno dos residuos de peixe emprégase para o seu uso en baterías, este material xa fora utilizado anteriormente noutros sectores da industria. Agora, a investigación recolle este coláxeno enriquecido para darlle un novo uso e que “podería supoñer un novo reto industrial e aportar vantaxes económicas e medioambientais a longo prazo”.
Fonte: OCU
Imaxe: Pixabay