- O equipo de traballo confórmanno investigadores da UPC e da URV e, ao seu xuízo, o novo material podería supoñer un aforro de 20 millóns de euros anuais en materia prima e unha redución de 40.000 toneladas de CO2.
- Durante o proceso de investigación, publicada na revista Applied Sciences, os científicos levaron a cabo ensaios con varios polímeros en concentracións diferentes ata atopar a idónea que permitise desenvolver un material illante para o calzado que cumprise cos criterios de condutividade, elasticidade e resistencia.
Cerceda, a 24 de xullo de 2019.- Investigadores da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC) e da Universidade Rovira i Virgili (URV) atoparon unha segunda vida na goma vulcanizada procedente dos pneumáticos fóra de uso que, mediante un proceso sinxelo e combinándoa cun polímero, pódese reconverter en material illante de gran interese para o sector do calzado. Ao seu xuízo, o novo material podería supoñer un importante aforro económico e unha considerable redución das emisións de CO2 á atmosfera.
Durante o proceso de investigación, publicada na revista Applied Sciences, os científicos levaron a cabo ensaios con varios polímeros en concentracións diferentes ata atopar a idónea que permitiRA desenvolver un material illante para o calzado que cumprise cos criterios de condutividade, elasticidade e resistencia.
Pero os investigadores quixeron ir máis aló ao ter en conta a sostibilidade e viabilidade económica do produto, xa que implementalo suporía un aforro no proceso de produción das empresas, toda vez que reduciría os custos ao utilizar unha porcentaxe máis baixa de materia primas.
A tenor dos resultados deste traballo, e facendo un cálculo cos datos do volume da produción de calzado a nivel global, un dos científicos asegura que se as empresas produtoras de calzado no mundo substituísen o material actual por residuo pneumático triturado e engadisen un 10% de goma EVA, poderíase lograr un aforro duns 20 millóns de euros anuais no gasto por materia prima e unha redución de ao redor de 40.000 toneladas de CO2.
Os investigadores de ambas universidades seguen traballando en novas aplicacións coa mesma técnica e xa obtiveron resultados prometedores con aplicacións como recubrimento e bandexas para cables.
Fonte: Universidade Politécnica de Cataluña
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación