- Con sinxelos xestos, pódese diminuír a cantidade de comida que acaba no cubo de lixo e, con isto, aforrar diñeiro e minorar a contaminación ambiental
Cerceda, a 23 de decembro de 2024.- Aínda que o desperdicio alimentario ten lugar durante todo o ano, as Festas de Nadal constitúen a época do ano na que este fenómeno se fai moito máis evidente. A voráxine das celebracións absórbenos de tal forma que non reparamos no que se adquire nin no que se tira.
Reducir a cantidade de comida que acaba no cubo do lixo, non só beneficiará ao medio ambiente, senón tamén ao noso peto.
1. Planifica e compra só que necesitas. Evita as compras compulsivas, especialmente neste período, no que os escaparates e os seus produtos chaman a atención máis que nunca.
2. Adopta unha dieta máis saudable e sostible. O teu corpo agradecerao e o medio ambiente beneficiarase.
3. Apoia aos produtores de proximidade. Non só contribuirás á economía local, senón tamén á loita contra a contaminación atmosférica ao reducir as distancias do transporte.
4. Le ben a etiquetaxe dos alimentos. Non é o mesmo “consumo preferente”, data a partir da cal un alimento non conserva as súas propiedades, pero é inocuo para o consumo, que “data de caducidade”, momento en que o consumo deixa de ser inocuo.
5. Dálle unha oportunidade aos alimentos feos, xa que teñen as mesmas propiedades nutritivas que os guapos.
6. Mantén a flote as poboacións de peixes. Tenta consumir aquelas especies que abunden máis, así como as que se capturaron ou criaron de forma sostible.
7. Almacena os alimentos correctamente. Coloca os produtos máis antigos na parte dianteira do armario ou o frigorífico, utiliza contedores herméticos para manter frescos os abertos e asegúrate de pechar ben os paquetes.
8. Sírvete o que vaias comer e, en caso de querer máis, repite.
9. Aproveita as sobras. Pódelas conxelar para máis adiante ou utilizalas como ingrediente para novos menús.
10. Compartir é vivir. Doa alimentos. Moitas persoas sen recursos necesitan da túa axuda
Saúdos, Departamento de Comunicación