- Será unha conmemoración atípica na que non teremos a oportunidade de gozar deste prezado tesouro, pero precisamente o cumprimento das normas e a protección da nosa saúde quedándonos na casa fará posible que podamos volver a facelo en breve.
Cerceda, a 20 de marzo de 2020.- Mañá, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional dos Bosques co fin de concienciar aos distintos sectores sociais sobre a necesidade de protexer este marabilloso pulmón da Terra no que habita unh gran variedade de especies vexetais e animais que forman parte do equilibrio natural de todo o ecosistema.
Será unha conmemoración atípica na que non teremos a oportunidade de gozar deste prezado tesouro, pero precisamente o cumprimento das normas e a protección da nosa saúde quedánnos na casa fará posible que podamos volver a facelo en breve.
Namentres, é un bo momento para a reflexión e para apreciar desde a distancia as bondades que os bosques proporcionan á humanidade e que van desde tomar un simple vaso de auga ata ser a fonte primaria de onde se extraen todos os alimentos, vestimenta, abrigo e mediciñas que necesitamos para subsistir.
E por se isto fora pouco, os bosques tamén desempeñan un importante papel en loita contra o cambio climático e o efecto invernadoiro.
Empecemos a pensar en verde e naquelas boas prácticas que poñeremos en marcha cando regresemos á normalidade. Porque son moitas as contribucións que, de maneira individual e colectiva, podemos brindar para que a biodiversidade non se extinga e continuemos gozando do chamado pulmón do mundo.
Imaxe: Pixabay