- O 64% desexa que o seu traballo diario contribúa a impulsar un mundo mellor
- Así se recolle nun informe de ManpowerGroup, no que se destaca a importancia crecente que ten para profesionais de todos os lugares do mundo pertencer a compañías comprometidas co medio ambiente, coa sociedade e co bo goberno
Cerceda, a 13 de xuño de 2022.-Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebrou o pasado 5 de xuño, ManpowerGroup quixo destacar a importancia crecente que ten para profesionais de todos os lugares do mundo pertencer a compañías comprometidas co medio ambiente.
Segundo o seu informe The Great Realization, o 64% das persoas desexa que o seu labor diario contribúa a impulsar un mundo mellor. Tanto os profesionais como os clientes están dispostos a investir o seu tempo e recursos en empresas e organizacións que actúen como axentes sociais, como piares da comunidade e protectores do medio ambiente. De feito, a compañía asegura que 2 de cada 3 profesionais queren ofrecer o seu talento a organizacións que compartan valores.
Así mesmo, 6 de cada 10 compañías están a vincular hoxe os seus obxectivos de ESG ao seu propósito e 2 de cada 3 indican que estas iniciativas son cruciais para as súas organizacións.
Desta forma, millóns de empresas de todo o mundo asumiron o seu liderado en materia Social, de Medio Ambiente e Bo Goberno, e estanse comprometendo a mostrar con absoluta transparencia as súas estratexias e logros neste ámbito.
ManpowerGroup traballa desde hai anos sobre tres piares: Planeta, Persoas e Prosperidade e Principios de Goberno. O obxectivo desta estratexia é reforzar o compromiso da compañía coas prioridades ambientais, sociais e de bo goberno, así como contribuír a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. En relación co seu compromiso co planeta, a compañía deseñou un Plan de Acción polo Clima que ten por obxectivo reducir as emisións de CO2 en máis dun 50% en 2030.
Ademais, a través da súa fundación Human Age Institute, puxo en marcha a estratexia Sustentabilidade con acento no S, coa que pretende reducir as diferenzas sociais facilitando o acceso de milleiros de profesionais a empregos sostibles, diversos, inclusivos e de calidade nos próximos anos.
Con esta pretensión, e co apoio de máis de 1.000 empresas e institucións, desenvolveu cinco liñas de acción que axudarán ás organizacións a avanzar no desenvolvemento da súa estratexia ESG e a definir e implementar políticas claras en materia social: Emprego Sostible; Compromiso Social; Aprendizaxe e Desenvolvemento; Diversidade e Inclusión, e Benestar e Equilibrio.
Fonte e imaxe: Compromiso RSE