- A empresa pública entregou ao ente local 50 composteiros que serán repartidos entre outras tantas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante.
- A fin de instruír na técnica á veciñanza participante, personal de Sogama impartirn mañá, 13 de xullo, un curso de formación que terá lugar no viveiro de empresas, sito no polígono industrial, ás 20:00 h.
Cerceda, a 12 xullo de 2021.- O Concello de Dozón (Pontevedra), interesado en poñer en valor a materia orgánica contida nos residuos urbanos a través da súa transformación en compost, vén de adherirse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama, participando no mesmo con 50 familias.
Deste xeito, o ente local pretende obter un dobre beneficio: por unha banda, ambiental, xa que, ao reciclar os restos orgánicos en orixe, minórase a cantidade de refugallos a depositar no contedor verde xenérico, e, polo tanto, a frecuencia de recollida e transporte do lixo convencional, reducindo as emisións de CO2 á atmosfera; e, por outra, ao entregar menos cantidade de residuos a Sogama, diminúe tamén o importe da factura a pagar a esta empresa pública.
Así mesmo, non deben esquecerse os beneficios socias, xa que se recupera una práctica arraigada no rural galego, como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost, un abono de alta calidade con excelentes propiedades fertilizantes para o solo e que mesmo o preserva fronte a plagas e enfermidades.
Sogama xa entregou ao Concello 50 composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, que permiten aos usuarios levar a cabo o proceso de autocompostaxe dunha forma máis hixiénica, cómoda e eficiente.
É preciso que os participantes residan en vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante para pechar o círculo de recuperación da materia orgánica.
FORMACIÓN
Os veciños adscritos a esta iniciativa recibirán mañá, 13 de xuño, un curso de formación impartido por técnicos ao servizo de Sogama no que se detallarán os pasos a seguir para obter un compost de alta calidade e que poida ser aplicado na agricultura e xardinería con garantías e sen restricións.
As explicacións proporcionadas abordarán toda a operativa: desde a propia localización do composteiro, que debe estar en contacto coa terra para facilitar a entrada dos organismos descompoñedores, ata a diferenciación dos materiales que deben e non deben depositarse no mesmo, así como la importancia de controlar parámetros tales como a temperatura, a humidade e o osíxeno.
A xornada celebrarase no viveiro de empresas, no polígono industrial de Dozón, ás 20:00 horas.
Os interesados poden ampliar os seus coñecementos a través do sitio web www.compostaconsogama.gal, no que atoparán diferentes recursos didácticos, divulgativos e mesmo lúdicos.
Un total de 107 entidades pontevedresas (45 concellos, 55 centros educativos e 7 coletivos sociais) están adheridas ao programa de autocompostaxe de Sogama, tendo repartido entre as mesmas 5.636 composteiros.
Saúdos, Departamento de Comunicación