- Así se recolle na súa memoria anual 2020, constatando desta forma o liderado e especialización da entidade neste segmento de mercado.
- Das 6.000 toneladas recuperadas, un 42,28% proceden da canle doméstica e un 57,72% da canle profesional.
- Destácase tamén o incremento dos puntos de recollida nun 28,5%, subindo de 5.722 a 7.357.
- Malia a pandemia, o índice de actividade da Fundación creceu en máis dun 13%.
Cerceda, a 27 de setembro de 2021.- A Fundación ECOLUM vén de publicar a súa Memoria Anual 2020, atopándose a disposición dos interesados na súa páxina web https://www.ecolum.es/memorias/memoria- Ecolum-2020.pdf
O ano pasado, esta organización xestionou un total de 6.061.067 quilos de RAEEs de aparellos de iluminación, cifra que representa un incremento de case un 7% con respecto ao exercicio de 2019, á vez que constata o liderado e especialización da entidade neste segmento de mercado.
As máis de 6.000 toneladas recuperadas teñen orixe, nun 42,28%, na canle doméstica, e, no 57,72% restante, na canle profesional.
Na memoria tamén se destaca o aumento dos puntos de recollida nun 28,5%, pasando de 5.722 a 7.357. Unha rede que vai en aumento ano tras ano para que os instaladores, principalmente PEMES e autónomos, poidan entregar os seus residuos. Ademais, a entidade colabora coa Administración Publica para a recollida en instalacións municipais como é o caso de puntos limpos ou ecoparques.
Malia a pandemia, o nivel de servizo que ofreceu a fundación foi moi elevado, con 31.348 xestións realizadas polo call center de ECOLUM, atendendo ás 426 empresas adheridas. O índice de actividade de 2020 fronte a 2019 creceu máis dun 13%, con 3.051 novas xestións.
SOBRE A FUNDACIÓN ECOLUM
A Fundación ECOLUM nace coa entrada en vigor do Real Decreto 208/2005 sobre aparellos eléctricos e electrónicos e a xestión dos seus residuos a fin de dar unha solución axeitada ás necesidades das empresas do sector da iluminación ante as novidades e obrigas que incorporaba esta nova normativa.
Desde ese momento, esta organización foi evolucionando para abarcar todos os aparellos de iluminación que especifica a lexislación vixente e ofrecer un servizo adaptado a cada un dos axentes involucrados na vida dos mesmos, comezando cos produtores (fabricantes e importadores) que os venden no mercado nacional, pasando pola distribución e rematando co usuario final (empresas de mantemento, instaladores, particulares,…).
Na actualidade, son 426 as entidades adheridas que confían na experiencia e calidade do servizo que lles ofrece a Fundación ECOLUM.
Fonte e imaxe: Fundación ECOLUM