- É preciso recordar que as pilas son residuos perigosos que xamais poden arroxarse ao cubo do lixo convencional, xa que, dadas as súas particulares características, deben recibir un tratamento específico.
- Para facilitar o labor de segregación das mesmas, Ecopilas pon a disposición dos cidadáns recopiladores domésticos. Unha vez cheos, pódense baleirar no punto de recollida máis próximo.
Cerceda, a 22 de outubro de 2019.- Non hai escusa para ter as pilas gastadas esquecidas nos caixóns ou en calquera outro lugar do noso domicilio mesturadas con obxectos de diversas tipoloxías. É preciso recordar que as pilas son residuos perigosos que xamais poden arroxarse ao cubo do lixo convencional, xa que deben recibir un tratamento específico, dadas as súas particulares características. É por iso que o seu lugar de destino son os recipientes habilitados en supermercados, casas consistoriais, puntos limpos, establecementos comerciais, etc.
Non obstante, para facilitar o labor dos cidadáns, Ecopilas pon á súa disposición recopiladores domésticos a fin de ir depositando nos mesmos as pilas usadas e, unha vez cheos, baleiralos no punto de recollida máis próximo.
O uso destes recopiladores trae consigo dúas grandes vantaxes: por unha banda, manter en orde o fogar e, por outro, facilitar a contribución ao coidado do medio ambiente.
Desde xuño de 2018, Ecopilas entrega recopiladores de pilas aos fogares que así o soliciten, e ademais este servizo é gratuito. A día de hoxe xa repartiu 22.000 unidades.
Fonte e imaxe: Ecopilas
Saúdos, Departamento de Comunicación