- Un logro que materializou durante o primeiro ano de execución do Plan Director para este trienio.
- A aposta pola implicación directa na xestión e o traballo técnico da man dos equipos dos concellos posibilitou un novo récord de crecemento interanual de reciclaxe de envases de vidro do 9%, o maior da última década.
- Os bos resultados tiveron ter o seu fiel reflexo no incremento de 3,5 puntos porcentuais da taxa de reciclado de envases de vidro estimada por Ecovidrio, que ascende ao 76,5%.
Cerceda, a 30 de xullo de 2019.- No seu Informe de Sostibilidade 2018, presentado recentemente, Ecovidrio recolle os principais fitos do pasado ano, entre os que cabería destacar o grao de consecución, durante o primeiro exercicio, do 61% do total dos obxectivos establecidos para o trienio no Plan Director de Sostibilidade e Responsabilidade Corporativa 2017-2020. Un compromiso que, en todo caso, incide de forma directa nas operacións que afectan a toda a cadea de reciclado, ao seu impacto ambiental, ao seu valor social e ao bo goberno da entidade.
A aposta estratéxica de Ecovidrio pola implicación directa na xestión e o traballo técnico da man dos equipos dos concellos posibilitou un incremento histórico na taxa de reciclado de envases de vidro en España durante o pasado exercicio, batendo récord de crecemento na última década, cun incremento do 9%. Isto quere dicir que en 2018 recicláronse un total de 894.171 toneladas de vidro que se converteron en materias primas para a súa transformación en novos envases.
Os bos resultados tiveron o seu fiel reflexo no incremento de 3,5 puntos porcentuais da taxa de reciclado de envases de vidro estimada por Ecovidrio, que ascende ao 76,5%.
A reciclaxe de envases de vidro constitúe un elemento fundamental na loita contra o cambio climático e a sobreexpolotación dos recursos, e precisamente grazas á reciclaxe de envases de vidro en 2018 logrouse evitar a emisión de case 520.000 toneladas de CO2 equivalentes a dar máis de 131 voltas ao mundo en avión.
Fonte e imaxe: Ecovidrio
Saúdos, Departamento de Comunicación