- O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi o encargado de entregar o galardón ao programa Voz Natura, promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e que recolleu a súa coordinadora, Nazareth Díaz Castro.
Cerceda, a 4 de xuño de 2021.- Onte, 3 de xuño, tivo lugar, no Círculo de Empresarios de Galicia, o acto de entrega da quinta edición dos Premios Aproema 2021, cuxo obxectivo é recoñecer aquelas accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, orientadas á protección da contorna e ao fomento da conciencia ambiental na Comunidade Autónoma de Galicia.
A educación ambiental cobrou nesta ocasión especial protagonismo ao ser galardoados varios centros escolares polas súas iniciativas focalizadas na preservación do patrimonio natural galego e na sensibilización da poboación.
Así, na categoría de centro académico, recibiron o Premio Aproema Medio Ambiente o colexio Divina Pastora Franciscanas de Ourense e o Centro Nebrija Torre de Hércules da Coruña. O primeiro, polo seu proxecto Ecovixiantes”, sendo Gonzalo Sánchez Busóns, docente e líder desta iniciativa, o encargado de recoller o galardón, que foi entregado por Bruno de Chairo Gómez-Ulla, Especialista en Xestión Local e Autonómica de Ecoembes; e o segundo, polo seu proxecto “9 meses pola sostibilidade”, que recibiu a súa directora, Mónica Leis Pascual, de mans de Alfonso Villares Bermúdez, Vicepresidente Primeiro da FEGAMP.
Así mesmo, o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo) foi recoñecido cun Accésit polo seu traballo “ Xograrízate. Pensa en verde”.
O programa Voz Natura, promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, foi recoñecido co Premio Aproema Medio Ambiente Entidade Privada, que entregou presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, e recibiu a coordinadora de Voz Natura, Nazareth Díaz Castro.
Galaria, empresa pública de servizos dependente do SERGAS, fíxose co Premio Aproema Medio Ambiente Entidade Pública polo seu proxecto: "Ciencias do comportamento aplicadas á segregación de residuos”, materializado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Pola súa banda, El Corte Inglés, S.A, foi recoñecido co Premio Aproema Medio Ambiente Empresa co seu proxecto “Centros Comerciais Residuo Cero”.
A Asociación Amicos recibiu un Accésit no ámbito de entidade privada polo seu traballo “Herdanza Mater“ e Teimas Desenvolvemento no de empresa polo seu “Proxecto Cadea”.
Saúdos, Departamento de Comunicación