- Así se asegura no estudo «Who Cares, who does 2021», prevendo que, en 2030 máis da metade (53%) da poboación mundial será ecoactiva.
- O 49% dos enquisados afirma estar moito máis preocupado pola sustentabilidade logo da crise da COVID-19.
Cerceda, a 19 de novembro de 2021.- Tal e como se recolle no estudo «Who Cares, who does 2021», en 2030 máis da metade (53%) da poboación mundial será ecoactiva, é dicir, serán «consumidores verdes» que exercerán accións sostibles co planeta no seu día a día.
Segundo este informe, a porcentaxe de fogares ecoactivos suma adeptos ano tras ano: desde 2019 creceu 6 puntos, ata o 22%. Xusto no outro extremo, os ecorresignados, individuos que non exercen accións a favor do medio ambiente, baixan un 9%, pasando de ser case a metade, un 49% en 2019, ao 38% en 2021.
De feito, o 49% dos enquisados afirma estar moito máis ou máis preocupado pola sustentabilidade logo da crise da COVID-19. «A pandemia fíxonos socialmente máis ‘sensibles’.
A INFLUENCIA DE PEQUENOS E NOVOS
Este cambio tamén se explica, en parte, pola influencia que os máis pequenos da casa exercen na familia. Un 36% dos enquisados así o determina.
«Os mozos son o segmento chamado a liderar ese proceso de transformación ambiental da sociedade, creceron nunha contorna e unha sociedade onde os conceptos de responsabilidade ambiental e social son algo habitual».
Isto, segundo os expertos, pode empuxar ao que se coñece como o «efecto Greta» no consumo: pagar máis por un produto porque é máis sostible.
Outra das conclusións é que a conciencia ambiental depende tamén do PIB do noso fogar. A maioría dos países desenvolvidos teñen unha maior proporción de ecoactivos (30%) e aqueles con máis dificultades económico-sociais teñen menos (16% de media).
Alemaña, Bélxica e Hungría son os tres países europeos máis verdes; alén están, por exemplo, os países de América Latina (exceptuando Chile), Arabia Saudita e China, que son os que contan con menos ecoactivos.
Este aumento de ecoactivos implica que moitas empresas deberán escoitar ao consumidor verde preocupado principalmente polo cambio climático, a polución da auga e os residuos plásticos no seu consumo, e adaptarse.
Os expertos opinan que é sinxelo enganar a un consumidor pouco formado e inexperto, pero é moi difícil facelo cando o coñecemento e a madurez do mesmo é maior. É posible que, inicialmente, poidan aparecer empresas/marcas que practiquen o greenwashing, pero será o propio mercado o que, ao final, saberá –cada vez mellor– recoñecer cales son as entidades que desenvolven dunha maneira real esas prácticas sostibles, máis aló dunha simple campaña de márketing.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels