- Con esta iniciativa quérese premiar ás urbes que desenvolven ecosistemas de innovación co fin de enfrontar os desafíos actuais e mellorar a vida dos seus cidadáns.
- Seleccionaranse un total de seis cidades europeas, unha gañadora e cinco finalistas.
- O premio contempla a dotación de 1 millón de euros para a cidade nomeada Capital Europea da Innovación do ano e 100.000 € para cada unha das cinco finalistas.
Cerceda, a 5 de agosto de 2020.- A finais do pasado mes de xuño concluíu o prazo para que as cidades interesadas presentasen a súa candidatura ao concurso Capital Europea da Innovación 2020, convocado pola Comisión Europea e financiado por Horizonte 2020.
Con esta iniciativa preténdese recoñecer ás urbes que desenvolven ecosistemas de innovación co fin de enfrontar os desafíos actuais e mellorar a vida dos seus cidadáns. Seleccionaranse un total de seis cidades europeas, unha gañadora e cinco finalistas.
Actualmente, a comunidade de Capitais Europeas da Innovación está conformada por Barcelona, Amsterdam, París, Atenas e Nantes (esta última gañadora da edición 2019). No certame poden competir aquelas cidades cun mínimo de 100.000 habitantes pertencentes a Estados membros da Unión Europea ou a países asociados ao programa Horizonte 2020.
Un xurado composto por expertos de alto nivel avaliará as actuacións innovadoras das urbes participantes tendo en conta catro criterios principais: probas e promoción de solucións innovadoras para enfrontar retos sociais; papel activo da cidadanía no deseño de políticas, implantación e uso das solucións; ampliación da capacidade de innovación converténdose nun destino buscado por emprendedores e modelo a seguir para outras cidades; e empoderamento dos cidadáns a través de resultados tanxibles e medibles.
Tanto o gañador como os cinco finalistas daranse a coñecer durante os Días Europeos de Investigación e Innovación, do 22 ao 24 de setembro en Bruxelas.
O premio contempla a dotación de 1 millón de euros para a cidade nomeada Capital Europea da Innovación do ano e 100.000 € para cada unha das cinco finalistas.
As cidades son avaliadas por como implementan solucións innovadoras aos desafíos sociais. Estas solucións poden completarse ou estar en curso, pero deben implementarse no ano anterior á apertura do concurso ou no ano do concurso en si.
Fonte e imaxe: Comisión Europea