- Malia a crise sanitaria, alcanzouse unha cifra récord de participantes, con máis de 600 alumnos de 26 universidades e escolas de formación de toda España.
- Para facilitar a presenza de todos os interesados, o acto poderá seguirse in streaming.
- Como novidades deste ano, cabería destacar un premio principal de 800€ e dous Accésit cunha dotación de 400€ en cada unha das categorías de empresa.
- Así mesmo, creouse o Premio Plan Cantera Clúster, permitindo que un dos alumnos participantes sexa bolseiro para a realización do Master in Management [MBM] e prácticas no propio Clúster.
Cerceda, a 21 de setembro de 2020.- O acto de entrega de galardóns correspondentes á XI Edición dos Premios Nacionais de Deseño e Sostibilidade en Envase e Embalaxe, e que anualmente organiza o Clúster de Innovación en Envase e Embalaxe, celebrarase o vindeiro venres, 25 de setembro, a través dunha gala que, debido á pandemia do COVID-19, terá lugar en formato presencial e streaming.
Para ter acceso, é necesario rexistrarse de forma gratuíta a través do portal www.clusterenvase.com/registro-gala-premios/.
Malia a crise sanitaria que está a vivir o noso país, o número de candidaturas presentadas a este certame alcanzou unha cifra récord, con máis de 600 estudantes de 26 de universidades e escolas de formación de toda España, tendo seleccionados un total de 15 proxectos.
Estos premios supoñen un punto de encontro anual entre o mundo empresarial e o universitario. Así, cinco empresas de primeiro nivel lanzaron retos de envase e embalaxe aos que os estudantes responderon con creatividade e enxeño. Nesta ocasión presentaron traballos para produtos de Apisol, Natra, Industrias Alegre, Logifruit e Eurobox.
No caso de Apisol apicultores desde 1912, a compañía formulou o desenvolvemento dun novo envase ou sistema dosificador para o mel que responda ás tendenicas de sostibilidade de materiais actual.
Pola súa banda, a multinacional Natra reta aos alumnos a buscar unha solución de envase innovador e sostible para unha nova marca de bombóns cuxo obxectivo é o mercado xaponés, que sexa atractiva para o consumidor e conte cunha “ unboxing experience” positiva.
Tamén no campo do envase alimentario e cosmético, Eurobox, líder en fabricación de envases metálicos para o sector premium, buscaba que os estudantes ofrecesen unha solución para crear un podio (unha base para frascos ou botellas de cristal) que estivera composto por materiais reciclables e que sirva para atraer ao consumidor no punto de venda en segmentos moi exclusivos.
Industrias Alegre expuxo o reto de crear un Packaging versátil, que poida ser compartimentado, de fácil encartado/ stockage para o seu retorno ou apilado, para dar servizo ao ámbito do e- commerce e ás cada vez máis complexas cadeas de subministración da industria.
Finalmente, Logifruit mostrou o seu interese por un envase secundario que sexa isotermo para o seu uso na última milla de produtos alimentarios, unha área en crecemento que está a ser potenciada durante a crise sanitaria.
NOVIDADES
A edición deste ano sáldase con dúas grandes novidades. En primeiro lugar, haberá un premio principal de 800€ e dous Accésit que estarán recoñecidos, en cada unha das categorías de empresa, cunha dotación de 400€ cada un.
Así mesmo, creouse o Premio Plan Cantera Clúster, permitindo que un dos alumnos participantes sexa bolseiro para a realización do Master in Management [MBM], impartido por ESIC Business & Marketing School, cuxa matrícula está valorada en 20.500 euros, coa particularidade de que, mentres dure o mesmo, o realizará prácticas no propio Clúster.
Finalmente, entre os proxectos presentados, tamén se seleccionarán os representantes españois nos WorldStar Student Awards, os galardóns de packaging máis importantes do mundo para estudantes de universidades e escolas de deseño.
Fonte e imaxe: IDE