- Así o evidencian as cifras presentadas por AFCO (Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de Cartón Ondulado) relativas ao ano 2019.
- A produción deste material renovable, reciclable e biodegradable, incrementouse nun 4,4% respecto ao ano anterior.
- O principal consumo de cartón ondulado en España correspondeu aos produtos agrícolas, cun 23,3%, seguido polos alimenticios e as bebidas.
- O sector do cartón xera máis de 23.700 postos de traballo directos e indirectos no noso país.
Cerceda, a 15 de xuño de 2020.- As cifras presentadas por AFCO (Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de Cartón Ondulado) relativas ao ano 2019, ratifican a España como o terceiro produtor de Europa, por detrás de Alemaña e Italia.
RENOVABLE, RECICLABLE E BIODEGRADABLE
A produción deste material renovable, reciclable e biodegradable, alcanzou un total de 5.520 millóns de m2 no noso país, o que supón un incremento do 4,4% respecto do ano anterior, continuando unha senda positiva desde 2012.
A facturación total do sector, tanto directa como indirecta, alcanzou en 2019 os 5.370 millóns de euros cun total de 71 empresas onduladoras e 89 fábricas dedicadas á fabricación deste material a nivel nacional. O conxunto de plantas dedicadas á produción de cartón empregou, entre postos de traballo directos e indirectos, a máis de 23.700 traballadores. En Europa, a cifra de postos directos ascendeu ata os 100.000.
O pasado ano, o principal consumo de cartón ondulado en España correspondeu ao sector de produtos agrícolas, cun 23,3%, seguido polos alimenticios, cun 16,4%, o das bebidas, cun 15%, así como o do audio, a electrónica e a automoción (8,7%). Cunha porcentaxe menor atópanse os produtos industriais (7%) ou os químicos e perfumerías (5%).
Segundo o informe sectorial de (AFCO), a media de consumo de cartón ondulado por habitante e ano pechouse en 2019 cunha cifra de 61,86 kg, é dicir, 2,55 kilogramos máis que en 2018.
Conforme a un estudo elaborado recentemente pola Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), a sostibilidade é un factor cada vez máis decisivo á hora de ir á compra e o consumidor está disposto a pagar máis por produtos envasados en caixas que coidan a contorna.
Fonte: AFCO
Imaxe: Pixabay