- Esta cifra equivale, tal e como se recolle no estudo que ARPAL efectúa cada ano, ao 51,5% do total posto no mercado.
- O labor de ARPAL oriéntase a contabilizar os envases de aluminio que os recuperadores reciben nas súas plantas de tratamento, procesan e envían a fundición para que sexan reciclados e, polo tanto, convertidos en novos produtos.
- Aforro de enerxía, fácil transporte, reciclaxe sinxela e contribución á economía, son algunhas das vantaxes que trae consigo a recuperación do aluminio, un material que se axusta plenamente ao concepto de economía circular.
Cerceda, a 22 de novembro de 2019.- España recuperou no ano 2018 un total de 48.265 toneladas de envases de aluminio, cifra que equivale ao 51,5% do total posto no mercado.
Así se recolle no estudo que ARPAL realiza cada ano desde 2001, contando coa colaboración de FER (Federación Española da Recuperación) e o patrocinio de Ecoembes, a fin de obter datos sobre as cantidades de envases de aluminio recuperadas nas plantas de xestión de residuos. Esta información vén a complementar a propia de Ecoembes, na que se inclúen os envases recuperados a través do contedor amarelo, plantas de selección e compostaxe,
O ALUMINIO, UN MATERIAL 100% CIRCULAR
A reciclaxe de aluminio representa unha magnífica oportunidade para a protección do medio ambiente e o crecemento económico, De feito, dun envase de aluminio obtense outro con idénticas características e sen perder propiedades, sendo un material que responde perfectamente ao principio de economía circular. Proba disto é que o 75% de todo o aluminio fabricado desde fai 100 anos atópase actualmente en uso grazas ao seu reciclado.
Son múltiples os beneficios que trae consigo a recuperación deste valioso e prezado material. Entre estes atópase o aforro do 95% da enerxía que se requiriría para producir envases de aluminio a partir do mineral bauxita. Así mesmo, as latas baleiras pódense esmagar facilmente, ocupan pouco volume e, polo tanto, son fáciles de transportar, coa particularidade de que, no seu proceso de reciclado, non hai que eliminar outro tipo de materiais, xa que tanto a tapa como a lata son de aluminio, facendo máis sinxela a operativa.
SOBRE ARPAL
Creada en 1994, é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxecto promover a recuperación dos envases de aluminio e alcanzar as taxas de reciclado esixidas pola lexislación.
Representa á industria do aluminio en Ecoembes e traballa con outras entidades tales como FER, Paisaje Limpio e Ecovidrio, formando parte, a nivel europeo, do Grupo de Envases da European Aluminium, colaborando igualmente con EAFA (European Aluminium Foil Association).
Fonte: ARPAL
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación