- As medidas foron presentadas por Stanpa o pasado 22 de marzo, no marco do Día Mundial da Auga.
- A fin de guiar as boas prácticas cidadás, UNE publicou unha Norma específica sobre produtos desbotables no inodoro, debendo cumprir unha serie de criterios en materia de composición, sedimentación, dispersión, desintegración e biodegradación.
- Igualmente, a norma establece o marcado, etiquetado e mensaxes a utilizar nos produtos que cumpran co estándar para asegurar que só acaban no inodoro os que realmente sexan desbotables.
- As toallitas, aínda que se conceptúen como biodegradables, provocan atascos no inodoro e serias incidencias nos sistemas de saneamento das cidades
Cerceda, a 29 de marzo de 2019.- No marco do Día Mundial da Auga, celebrado o pasado 22, a Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética (Stanpa), que aglutina aos principais fabricantes de toallitas e papel hixiénico húmido, presentou unha serie de medidas a través das cales preténdese mellorar a avaliación técnica dos artigos e a propia información dispensada ao consumidor sobre a forma correcta de refugar estes produtos para evitar o seu negativo impacto sobre o medio ambiente. Entre as devanditas medidas atópase o “Código de Boas Prácticas de etiquetado de Toallitas e Papel Hixiénico Húmido”.
O sector considera que a diversificación de opcións contribuíu a xerar confusión entre os cidadáns porque, no caso das toallitas, e aínda que se conceptúen como biodegradables, o certo é que provocan atascos no inodoro e serias incidencias nos sistemas de saneamento das cidades.
NORMA PARA REGULAR O DESTINO DESTES PRODUTOS
Así as cousas, e co fin de dar unha resposta efectiva a esta problemática, a Asociación Española de Normalización (UNE), a través do seu Comité de Enxeñería da Auga, publicou o pasado mes de febreiro a Norma 149002:2019 sobre produtos desbotables no inodoro.
Coordinada pola Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS), dita norma contou coa participación dos fabricantes de papel hixiénico seco e húmido, toallitas e diferentes expertos en enxeñería e medio ambiente.
Pioneira en Europa, a norma incorpora requisitos máis ambiciosos e establece unha regras máis nítidas e consensuadas por parte dos fabricantes destes produtos, que deben superar ata cinco ensaios para que se acredite o cumprimento dos criterios de aceptación en materia de composición, sedimentación, dispersión, desintegración e biodegradación.
Igualmente, establécese o marcado, etiquetado e mensaxes que deben figurar nos produtos co obxectivo de asegurar que só acaban no inodoro os que realmente sexan desbotables.
As compañías e grupos que comercializan toallitas e papel hixiénico húmido contarán cun prazo de 18 meses para implementar o novo etiquetado, circunstancia que será supervisada por Stanpa e Autocontrol.
Polo xeral , as toallitas sempre deben tirarse á papeleira e só o papel hixiénico húmido, que terá que pasar ata cinco probas para asegurar a súa degradabilidade, poderá refugarse polo inodoro.
A iniciativa constitúe un paso adiante na prevención e minimización de riscos e, por suposto , na protección medioambiental.
Fonte e imaxe: Stanpa
Saúdos, Departamento de Comunicación