- Este traballo, que leva a cabo AIMPLAS, enmárcase no proxecto ENZPLAST2, cofinanciado polos Fondos FEDER da Unión Europea.
Cerceda, a 29 de abril de 2020.- AIMPLAS, Instituto Tecnolóxico do Plástico, está a traballar no proxecto ENZPLAST2, cofinanciado polos Fondos FEDER da Unión Europea, cuxo obxecto é desenvolver novos procesos máis sostibles para a produción, o reciclado e a compostaxe dos plásticos.
Durante a primeira anualidade desta iniciativa acometeuse a configuración de novos métodos orientados á síntese de plásticos máis seguros para a saúde das persoas e máis sostibles medioambientalmente. Concretamente, empregáronse enzimas en lugar de catalizadores metálicos para a obtención de poliésteres, logrando así dous beneficios: a redución da toxicidade destes catalizadores metálicos e un menor consumo enerxético durante o proceso de polimerización.
Xa na segunda anualidade, o labor canalizouse cara ao desenvolvemento dun procedemento que permita o uso de microorganismos para eliminar cheiros procedentes de envases de produtos lácteos, e os primeiros resultados viñeron a demostrar que se logrou unha redución na intensidade do cheiro dos materiais reciclados.
Ademais, o tratamento de polímeros de tipo poliuretano con microorganismos seleccionados e illados evidenciouse como unha axuda na degradación da masa que alcanzou o 70%.
Así mesmo, nesta fase estase a estudar a incorporación de enzimas soportadas en polímeros en fundido para a mellora da biodegradación de diferentes bioplásticos, tanto en condicións de dixestión aeróbica como anaerobica.
Fonte e imaxe: Retema