- Asegura que a valorización enerxética representa actualmente a solución máis sostible para tratar a fracción non reciclable
- Ademais de calor e electricidade, as denominadas plantas IRF producirán tamén hidróxeno e combustibles sintéticos, e recuperarán novas materias primas secundarias
Cerceda, a 24 de marzo de 2023.- ESWET, a organización europea de tecnoloxías de valorización enerxética de residuos, presentou nun informe a súa visión sobre o futuro da xestión dos residuos a través do que denomina plantas integradas de recuperación de recursos (IRF), un novo modelo de instalación que, segundo afirma, liberará todo o potencial de descarbonización da conversión de residuos en enerxía.
Nun comunicado, ESWET asegura que a valorización enerxética complementa a prevención, a reutilización e a reciclaxe, e representa actualmente a solución máis sostible para tratar a fracción non reciclable. Con todo, e dado que a xeración de lixo segue a aumentar en Europa e en todo o mundo, o sector está a traballar en formas innovadoras de aproveitar todo o seu potencial.
O IRF representa unha evolución radical no tratamento térmico de residuos. Grazas á enxeñería europea de última xeración, as plantas novas e renovadas, non só están deseñadas para producir calor e electricidade, senón tamén hidróxeno parcialmente renovable e combustibles sintéticos, e mesmo para capturar as súas emisións de CO2. Ademais, o IRF fomenta a recuperación de materias primas secundarias.
A organización considera que o IRF é o seguinte paso para seguir abordando os retos ambientais da UE en relación aos residuos non reciclables: alcanzar plenamente o potencial de descarbonización do tratamento de residuos, garantir a dispoñibilidade de enerxía e os materiais en Europa e, por último, pechar o círculo da economía circular.
Fonte e imaxe: ESWET
Saúdos, Departamento de Comunicación