- O sector da reciclaxe resulta clave para facer de Europa o primeiro continente neutral a nivel climático, un obxectivo prioritario do Pacto Verde Europeo.
- EuRIC (Confederación Europea de Industrias de Reciclaxe) pide que se complete un mercado interno competitivo para a reciclaxe que recompense as cadeas de valor circulares.
- Sinala tamén que a industria da reciclaxe é inclusiva, toda vez que proporciona empregos locais, podendo contribuír, de forma significativa, á reindustrialización de Europa.
Cerceda, a 21 de xullo de 2020.- A industria da reciclaxe desempeña un papel crucial na economía circular ao converter os residuos en materias primas secundarias e aforrar enerxía, polo que constitúe un sector clave para facer de Europa o primeiro continente neutral a nivel climático, un obxectivo clave do Pacto Verde Europeo.
Así mesmo, a industria da reciclaxe é inclusiva, toda vez que proporciona empregos locais, podendo contribuír, de forma significativa, á reindustrialización de Europa.
EuRIC (Confederación Europea de Industrias de Reciclaxe) pide que se complete un mercado interno competitivo para a reciclaxe que recompense as cadeas de valor circulares a través dunha serie de medidas clave: promover a demanda de produtos reciclados a través de instrumentos de mercado e fiscais, e da contratación pública ecolóxica; impulsar un mercado interno para a reciclaxe mediante criterios harmonizados de fin de residuo; velar por un sector de reciclaxe competitivo na Unión Europea e en todo o mundo; facer cumprir as normas de competencia no sector da xestión de residuos e a reciclaxe para prohibir mercados reservados; e procurar que o deseño para a circularidad esexa a regra a seguir a fin de mellorar a reciclabilidade dos produtos.
SOBRE EURIC
A Confederación Europea de Industrias de Reciclaxe (EuRIC) configúrase como unha plataforma para a información, a cooperación e o intercambio de mellores prácticas na reciclaxe.
A través dos seus membros, representa a compañías involucradas na recollida, procesado, reciclaxe, transporte e comercio dunha variedade de materiais reciclables (metais, papel, plásticos, vidro e máis) cuxas actividades ofrecen beneficios ambientais masivos ao aforrar recursos naturais e reducir drásticamente o consumo de enerxía e a contaminación.
Fonte e imaxe: EuRIC