- Reuníronse a finais do pasado ano en Bilbao nunha xornada técnica convocada por Enerlan Solutions.
- Consideran que se trata dunha cuestión de máximo interese, tanto pola cada vez maior necesidade de proporcionar solucións sostibles aos residuos urbanos, como polo novo impulso lexislativo cara á progresiva redución dosdepositados en vertedoiro (ata un máximo do 10% en 2035).
Cerceda, a 15 de xaneiro de 2020- Expertos de empresas e entidades públicas vinculadas á xestión, tratamento e valorización de residuos urbanos, reuníronse a finais do pasado ano en Bilbao, nunha xornada técnica convocada por Enerlan Solutions, para demandar que se reconsideren as actuais técnicas, procesos e sistemas de tratamento de refugallos, dada a gran evolución tecnolóxica que experimenta o sector.
Trátase dunha cuestión de máximo interese, tanto pola cada vez maior necesidade de proporcionar solucións sostibles aos residuos urbanos, como polo novo impulso lexislativo europeo cara á progresiva redución dos residuos depositados en vertedoiro (ata un máximo do 10% en 2035), incidindo na necesidade de priorizar a redución, reutilización, reciclaxe e valorización dos refugallos a fin de evitar su vertido.
Neste escenario, os expertos coincidiron en sinalar que “esta normativa debe apoiarse, para o seu desenvolvemento, en todos os axentes que interveñen no sector, aínda que liderados sempre polas entidades públicas”.
Ao longo do encontro, os asistentes debateron sobre algunhas das novas tecnoloxías e reflexionaron sobre as mellores técnicas dispoñibles que permiten tratar os residuos no contexto da nova normativa.
Algunhas das conclusións do evento foron as seguintes:
- As instalacións xa amortizadas tecnoloxicamente, necesitan un relanzamento, así como reconducir a súa filosofía e estratexia á luz dos novos obxectivos europeos.
- A recollida selectiva en orixe e a recuperación de materiais en planta son dous alicerces importantes para abordar tecnicamente mellor os procesos posteriores de tratamento do residuo. A homoxeneidade resulta fundamental.
- Existe unha gran evolución tecnolóxica no sector. É de vital importancia a procura de tecnoloxías ou sistemas avanzados para o tratamento e a valorización dos residuos aplicados ás novas plantas.
- As entidades públicas, como organismos que xestionan os residuos, deben reconsiderar as técnicas, procesos e sistemas de valorización a fin de reducir o vertido.
Fonte: Residuos Profesional
Saúdos, Departamento de Comunicación