- Hoxe conclúe a celebración da Semana Mundial do Espazo baixo o lema “O espazo e a sostibilidade”, poñendo de relevo as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana.
- Das 169 metas que forman os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, 65 benefícianse directamente dos satélites de observación da Terra e outras tecnoloxías relacionadas.
Cerceda, a 10 de outubro de 2022.- En decembro de 1999, a Asemblea Xeral declarou "Semana Mundial do Espazo" a comprendida entre o 4 e o 10 de outubro, pretendendo con isto celebrar cada ano, e a escala internacional, as contribucións da ciencia e a tecnoloxía espaciais á mellora da condición humana.
Esta semana é o principal evento anual no mundo relativo ao uso e a tecnoloxía espaciais, sendo o seu obxectivo forxar a forza laboral do mañá inspirando aos estudantes, mostrar o apoio da opinión pública ao programa espacial, educar á poboación sobre as actividades espaciais e fomentar a cooperación internacional na divulgación das mesmas.
A temática de 2022 foi "O espazo e a sostibilidade", pretendendo con divulgar a necesidade de lograr a sostibilidade en e desde o espazo, así como difundir a estreita relación que existe entre o bo estado do espazo e o uso que a humanidade fai do mesmo e, máis concretamente, da área orbital que rodea á Terra. Non en van, a exploración espacial e a observación remota da Terra poden axudar a impulsar o cambio que o noso planeta necesita xa que, a través delas, pódese medir o cambio climático, identificar a contaminación na terra e no mar ou apoiar a agricultura nos países en desenvolvemento, entre outros beneficios.
Das 169 metas que forman os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), 65 benefícianse directamente dos satélites de observación da Terra e outras tecnoloxías relacionadas. Alcanzar os ODS sería moito máis difícil sen as ferramentas e técnicas dispoñibles para os científicos a través da exploración espacial.
MARCO DE REFERENCIA
A ciencia e a tecnoloxía do espazo están a utilizarse cada vez máis en apoio dunha ampla gama de actividades das Nacións Unidas, facendo importantes contribucións, ás veces esenciais, ao labor desta organización, o que inclúe a aplicación das recomendacións das grandes conferencias mundiais e as da Terceira Conferencia das Nacións Unidas sobre a Exploración e Utilización do Espazo Ultraterrestre con Fins Pacíficos (UNISPACE III), os esforzos para lograr un desenvolvemento sostible e a aplicación da Declaración do Milenio.
Por conseguinte, a coordinación, a cooperación e a sinerxía son fundamentais para que o sistema das Nacións Unidas poida realizar eficazmente esas actividades.
Fonte e imaxe: ONU