- Un dato positivo que, en todo caso, representa unha vantaxe claramente competitiva dun material que se caracteriza por ser 100% renovable, reciclable e biodegradable, destacando tamén outras cualidades tales como a súa lixeireza, resistencia, versatilidade e funcionalidade.
- Estímase que, en 2018, o principal consumo de cartón en España correspondeu a produtos agrícolas, cun 23,3%, seguido dos alimenticios, cun 16,4%.
Cerceda, a 14 de xuño de 2019.- Os fabricantes europeos de envases de cartón conseguiron reducir nun 11% a súa pegada de carbono, cubrindo a medición da mesma o impacto de carbono durante todo o ciclo de vida dos envases de cartón, tendo en conta as emisións de gases de efecto invernadoiro, fósiles e bioxénicos, así como as emisións de cambio directo do uso da terra.
Un dato positivo que, en todo caso, representa unha vantaxe claramente competitiva dun material que se caracteriza por ser 100% renovable, reciclable e biodegradable, e con capacidade para aportar beneficios ás diferentes áreas da cadea de consumo, isto é, operacións, loxística, calidade, vendas, marketing, responsabilidade social corporativa e desenvolvemento sostible.
O sector considera que o cartón lidera as opcións de envase respectuosas co medio ambiente, contribuíndo ao desenvolvemento sostible. Características tales como a súa lixeireza, resistencia, versatilidade e funcionalidade teñen un gran peso desde a dimensión ambiental, sen esquecer que se pode imprimir e que, ademais, resulta atractivo para o consumidor.
Así, a embalaxe de cartón conta, a xuízo de AFCO (Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de Cartón Ondulado), con dous atributos únicos que o fan sostible: trátase de materia prima renovable, tendo en conta a capacidade dos bosques para capturar CO2, e a súa plena reciclabilidade, que o reconverte en papel e cartón novos, retrasando así o retorno do CO2 á atmosfera.
Estímase que, en 2018, o principal consumo de cartón en España correspondeu a produtos agrícolas, cun 23,3%, seguido dos alimenticios, cun 16,4%. Atopándose a continuación as bebidas, cun 15%, xunto co sector do audio, a electrónica e a automoción, cun 8,7%.
Fonte: Retema
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación