- Brendan Edgerton, Director do Programa de Economía Circular do World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), deu a coñecer o esquema de traballo da iniciativa Factor 10 do WBCSD coa pretensión de axudar ás empresas a incluír e integrar a economía circular na súa estratexia.
- Segundo o informe Circularity Gap Report, publicado por WBCSD, tan só o 9,1% de todos os recursos utilizados no sistema produtivo se reintroducen de novo no mesmo.
- Tras esta presentación, as empresas realizaron un taller práctico sobre medición da circularidade nas mesmas.
Cerceda, a 8 de abril de 2019.- A primeira reunión do ano do Grupo de Acción en Economía Circular, coordinado por Forética como partner en España do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sostible (WBCSD), contou coa participación de Brendan Edgerton, Director do Programa de Economía Circular do World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), que presentou o esquema de traballo da iniciativa Factor 10 do WBCSD a fin de axudar ás empresas a incluír e integrar a economía circular na súa estratexia.
Segundo o informe Circularity Gap Report, publicado por WBCSD, tan só o 9,1% de todos os recursos utilizados no sistema produtivo se reintroducen de novo no mesmo. Superar esta limitación constitúe todo un reto e por iso, desde a iniciativa Factor 10, presentada no Foro de Davos, trabállase en estudar e analizar as oportunidades que representa a economía circular para as compañías, así como no desenvolvemento de guías específicas por sectores e na colaboración coas administracións públicas e líderes de opinión para abandonar o caduco sistema de economía lineal e transitar cara a un circular, con claras vantaxes para a competitividade empresarial e a redución de riscos.
Edgertón tamén deu a coñecer a alianza empresarial para poñer fin aos residuos plásticos, constituíndo este un claro exemplo de como as empresas están respondendo de forma decidida ante as esixencias de consumidores máis conscientes e responsables, incorporando aos seus procedementos e operativas estratexias de economía circular.
Tras esta presentación, as empresas realizaron un taller práctico sobre medición da circularidade nas mesmas que lles permitiu coñecer cales son os retos vinculados á economía circular máis relevantes para a súa actividade, que parámetros é importante medir e que indicadores son os apropiados para isto.
Elena Ruiz, Responsable do Grupo de Acción, manifestou que precisamente un dos desafíos da implementación da economía circular no sector privado é a falta dun marco consistente de medida e seguimento da circularidade, de aí que resulte fundamental desenvolver o coñecemento das empresas sobre as métricas máis apropiadas neste ámbito a fin de guiar a toma de decisións cara a unha maior competitividade e resiliencia.
GRUPO DE ACCIÓN E FORÉTICA
Cabe recordar que o Grupo de Acción en Economía Circular está conformado por unha decena de grandes empresas: Deloitte, Ecoembes, Ecovidrio, Endesa, Grupo Siro, IKEA Ibérica, ING, Nestle, Saica e Vía Célere.
Foréstica é a asociación de empresas e profesionais da responsabilidade social empresarial e de sostibilidade líder en España e Latinoamérica cuxo cometido se orienta cara ao fomento da integración dos aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións.
Fonte e imaxe: Forética
Saúdos, Departamento de Comunicación