- As prácticas agroalimentarias enerxeticamente intelixentes baseadas nos recursos renovables poden aumentar a produtividade agrícola, a descarbonización das cadeas alimentarias e a seguridade alimentaria.
Cerceda, a 21 de xaneiro de 2021.- A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e a Axencia Internacional de Enerxías Renovables (IRENA, polas súas siglas en inglés) estreitan a súa colaboración para acelerar a implantación de tecnoloxías de enerxía renovable e bionerxía sostible nas cadeas agroalimentarias, pesqueiras e forestais.
As prácticas agroalimentarias enerxeticamente intelixentes baseadas nos recursos renovables poden aumentar a produtividade agrícola, a descarbonización das cadeas alimentarias e a seguridade alimentaria.
A aceleración das solucións de enerxía renovable tamén impulsará o crecemento económico e creará empregos nunha agroindustria sostible, abordando importantes desafíos en relación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos países en desenvolvemento.
O memorándum de entendemento foi asinado polo Director Xeral da FAO, Sr. QU Dongyu, e o Director Xeral da IRENA, Sr. Francesco A Camera. O labor conxunto de ambas organizacións céntrase en promover coñecementos innovadores no nexo entre a enerxía, os alimentos e a auga, así como promover os esforzos de colaboración nos proxectos e actividades, incluída a creación de capacidade, o intercambio de coñecementos, o asesoramento específico en materia de políticas, así como o desenvolvemento de iniciativas de financiamento.
Esta cooperación tamén axudará aos países a materializar o seu potencial de bioenerxía sostible e a planificar as transicións enerxéticas e as estratexias de “cero emisións netas” no plano nacional.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay