- O obxectivo é contribuír á promoción de cadeas de subministración eficaces e equitativas de produtos frescos saudables.
- As áreas de cooperación inclúen o intercambio de coñecementos, así como a promoción e o desenvolvemento de capacidades para reducir a perda e o desperdicio de comida nos mercados alimentarios e nas redes de distribución.
- Esta acción visualízase tamén como unha oportunidade clave para aumentar a eficiencia e sostibilidade dos sistemas alimentarios co fin de mellorar a calidade da nutrición e a seguridade alimentaria.
Cerceda, a 30 de outubro 2019.- A FAO e a Unión Mundial de Mercados Maioristas (WUWM, polas súas siglas en inglés) suman forzas para loitar contra a perda e o desperdicio de alimentos. O obxectivo é contribuír á promoción de cadeas de subminisración eficaces e equitativas de produtos frescos saudables.
O novo acordo, de carácter trienal, establece un marco de apoio ás iniciativas e programas da FAO na materia, contribuíndo a mellorar igualmente os mercados alimentarios e os sistemas de distribución.
A WUWM é unha asociación sen ánimo de lucro que representa a máis de 160 mercados maioristas de todos os continentes e que busca garantir que estes e os minoristas -especialmente de produtos frescos- sexan recoñecidos polo seu importante papel nas cadeas locais, nacionais e internacionais de distribución de alimentos, a inocuidade dos mesmos e o apoio ás pequenas empresas.
Tal e como asegurou Stéphane Layani, Vicepresidente da WUWM “os mercados maioristas son actores clave para unha alimentación sa e nutritiva, e permiten aos pequenos campesiños locais dispoñer dunha plataforma axeitada para vender a súa produción durante todo o ano". Pola súa banda, Máximo Torero Cullen, Subdirector Xeral do Departamento de Desenvolvemento Económico e Social da FAO, engadiu que os mercados maioristas son a última fase da cadea de actividades na que poden producirse perdas.
As áreas previstas de colaboración entre ambas entidades inclúen o intercambio de coñecementos, así como a promoción e o desenvolvemento de capacidades para reducir a perda e o desperdicio de comida nos mercados alimentarios e nas redes de distribución.
No marco desta cooperación, a FAO elaborará un Código de Conduta sobre Perda e Desperdicio de Alimentos, xa que, mentres os alimentos pérdense logo da colleita e antes de chegar ao nivel minorista, os desperdicios prodúcense a nivel minorista e de consumo, e están vinculados a unha vida útil limitada e ao comportamento dos consumidores.
A redución das perdas de alimentos ao longo das cadeas de produción e subministración constitúe igualmente unha oportunidade clave para aumentar a eficiencia e sostibilidade dos sistemas alimentarios co fin de mellorar a calidade da nutrición e a seguridade alimentaria.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay
Saúdos, Departamento de Comunicación