A pretensión de "Cidades verdes" é mellorar os medios de vida e o benestar das poboacións urbanas e periurbanas de alomenos 100 urbes (15 metropolitanas, 40 medianas e 45 pequenas) de todo o mundo durante os tres próximos anos, coa expectativa de que 1.000 cidades se sumen de aquí a 2030.
En particular, a iniciativa céntrase en mellorar a contorna urbana, afianzar os vínculos entre o mundo rural e o mundo urbano e reforzar a resiliencia dos sistemas, servizos e poboacións urbanos ante as perturbacións externas. Ademais de garantir o acceso a unha contorna e dieta saudable procedente de sistemas alimentarios sostibles, contribuirá á adaptación ao cambio climático e a mitigación dos seus efectos, así como á xestión sostible dos recursos.
Igualmente, contémplase a creación dunha "rede de cidades verdes", que permitirá a urbes de todos os tamaños, desde megalópolis ata cidades medianas e pequenas, intercambiar experiencias sobre as mellores prácticas, éxitos e leccións, así como crear oportunidades de cooperación.
OS ESPAZOS VERDES AUMENTARÁN A RESILENCIA
Prevese que, en 2050, case o 70 % da poboación global vivirá en cidades e que aproximadamente o 70 % das subministracións totais de alimentos será consumido polos seus habitantes.
O crecemento demográfico e a rápida urbanización conlevan cambios nutricionais e unha maior demanda de bens e servizos básicos, así como unha competencia crecente polos recursos naturais para garantir o acceso a dietas saudables para todos.
Aos gobernos locais resúltalles cada vez máis difícil satisfacer as necesidades das poboacións urbanas e periurbanas, e a pandemia de COVID-19 engadiu novos desafíos como perturbacións nos sistemas alimentarios, perda de empregos e inseguridade alimentaria, o que empeora as condicións, en especial dos máis vulnerables.
Actualmente, as urbess consumen case o 80 % da enerxía total producida no mundo, son responsables do 70 % dos residuos mundiais e de ao redor do 70 % das emisiónsde gases de efecto invernadoiro relacionadas coa enerxía.
A conservación de sistemas alimentarios sostibles e a existencia de máis espazos verdes son fundamentais para as cidades, que aumentarán así a súa resiliencia para facer fronte aos efectos do cambio climático e a COVID-19, o que garantirá que os problemas de carácter sanitario non interrompan a subministración e a distribución de alimentos.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay